Mércores, 11 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán Sácase a concurso a concesión da cafetería do complexo deportivo municipal "Dunas de Gaifar"

Sácase a concurso a concesión da cafetería do complexo deportivo municipal "Dunas de Gaifar"

Correo-e Imprimir PDF
gaifar 1


- O anuncio será publicado a vindeira semana no Boletín Oficial de Pontevedra.

-O Concello de Nigrán anuncia que quere ter operativo o complexo para este verán.

O Concello de Nigrán informa que saca a concurso a concesión da cafetería do complexo deportivo municipal "Dunas de Gaifar", en Panxón. O prazo máximo de duración do contrato será de tres anos, a contar desde a autorización da apertura da instalación, aínda que poderá ser prorrogado por un máximo dun ano se o concello estímao oportuno, nas mesmas condicións de adxudicación. Os interesados poderán presentar as ofertas os 15 días hábiles seguintes á publicación do anuncio no BOP.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, avanza que o anuncio publicarase a próxima semana no boletín da provincia. A partir desta data, os interesados en participar no concurso terán o prazo de quince días hábiles, para presentar as súas ofertas.

No concurso para adxudicar o contrato, a administración informa que valorará a oferta económica e as melloras expostas, sendo unha das obrigacións realizar as obras contempladas no proxecto de reforma parcial das instalacións deportivas e cafetería de Dunas de Gaifar aprobado polo Concello de Nigrán por importe de 46.377 euros + IVE .

A devandita actuación complementará a que o pasado mes de novembro o Concello de Nigrán asumiu de mellora e recuperación do exterior do edificio e a súa impermeabilización, "unha actuación necesaria dado o estado de deterioración no que se atopaba o local polo abandono ao que foi sometido nos últimos anos", segundo sinalou o alcalde Alberto Valverde.