Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Dá inicio o trámite que outorgará a Indicación Xeográfica Protexida “Pan Galego”.

Correo-e Imprimir PDF

WP mi bollo gallego migaO "bolo", a "rosca", a "bóla" e a "barra" comezan un longo camiño a Bruxelas na procura dunha protección legal para o pan feito en Galicia.

O texto legal describe o "Pan Galego" como aquel que "ten codia dura e triscante, miga esponxosa e alveolado abundante e irregular, que se elabora de forma artesanal con fariña de trigo brando, da cal unha parte procede de trigos cultivados na comunidade autónoma de Galicia pertencentes a variedades e ecotipos autóctonos galegos (os comunmente denominados 'Trigo país' ou 'Trigo galego')".

A Ramallosa e a praza do Concello centrarán os actos da cabalgata de reis en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

REYES-MAGOS-EN-HIGUERA-DE-LA-SIERRAEn caso de choiva todas as actividades serán trasladadas ao pavillón municipal de deportes.

O Concello de Nigrán trasladará este ano os actos centrais da Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro á Ramallosa e a Praza do Concello, sen esquecerse de pasar por Praia América e Panxón, como vén facendo tradicionalmente.

Concerto na Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

O Instituto de Estudos Miñoranos informa que o vindeiro luns 4 de xaneiro a Coral Polifónica de Baiona ofrecerá un concerto na Santa Casa de Paz e Misericordia para inaugurar as Xeiras Culturais de 2016 que en breve serán presentadas para os meses de xaneiro e febreiro. A hora de comezo será ás 19:45 Horas.

Exposición e visita guiada polos sete beléns tradicionais de familias de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

belenEste sábado 3 de xaneiro ás 17:30 h, terá lugar unha visita aos beléns de sete familias de Sabarís. O percorrido acollerá interpretacións de villancicos. A saída terá lugar no Mercado da Tía Ni (Julián Valverde 36, Sabarís-Baiona) onde estará instalada unha exposición de micro beléns.

Nigrán abre o prazo para participar do programa de termalismo social do IMSERSO

Correo-e Imprimir PDF

termas-de-ourense-2 101422O IMSERSO organiza o Programa de Termalismo Social dirixido a pensionistas da Seguridade Social, perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos. Este programa propociona tratamentos termais a prezos reducidos en balnearios de todo o territorio nacional en regimen de aloxamento con pensión completa. As estancias poden ser de 10 e 12 días de duración.

Para "promover" a lingua galega a Xunta de Galicia outorga 1,7 millóns de euros aos medios en castelán.

Correo-e Imprimir PDF

axudas xunta medios 2015O importe distribúese entre 17 empresas xornalísticas que non utilizan a lingua propia do país ou o fan de xeito residual. Iso a pesar que a convocatoria que regula esta subvención especifica que o seu obxecto é defender: "a identidade de Galicia e os seus intereses, a súa lingua, a súa cultura e, en xeral, a galeguidade entendida como vínculo histórico dos galegos de dentro e fóra de Galicia" .

As campañas publicitarias institucionais da Xunta quedan ao marxe destas axudas, polo que os importes totais que reciben anualmente estes medios vese incrementado sen que exista aínda unha lei que regularice ese reparto de diñeiro público por criterios técnicos  e concorrecian competitiva.

O Nacemento Vivente de Gondomar terá lugar o domingo 27 no Parque da Coelleira.

Correo-e Imprimir PDF

belen gondomar 2015Un ano máis numerosos voluntarios traballaron a reo para construír toda a escenografía do Nacemento Vivente, no que o Concello de Gondomar e a Asociación das Mulleres Rurais participan activamente na súa realización.

Faladoiro sobre o afundimento do Aslaug

Correo-e Imprimir PDF

misericordia iemNa noite do 24 de decembro para o día de noiteboa de 1929 no Poste do Norte dos Carallóns bateu o mercante noruego Aslaug-Haaland, afundiuse e morreron todos os seus tripulantes.

O instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e a Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona inicia unha colaboración para encher de actos culturais a Capela da Misericordia.

Comeza cunha charla de Xosé Lois Vilar Pedreira ás 18h. do día 25 de decembro, para falar do afundimento do Aslaug o mesmo día de hai 86 anos. Tamén se falará dos naufraxios do T.H. Skogland no ano 1923 e do Highland Pride o 9 de setembro de 1929.

Vigo acollerá o acto de presentación de Somos Sindicalistas en Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Huelga-lucha-marchas-dignidad-SOMOS-sindicalistasUn sindicato crítico coas subvencións, que xa está funcionando a nivel de Estado e que a prensa identificou en numerosas ocasións como o "Sindicato de Podemos" organiza o seu primeiro acto público mañá en Vigo.

Podemos negou en reiteradas ocasións ser o promotor da iniciativa, aínda que houbo persoas dos seus círculos entre as que participaron nos primeiros pasos do colectivo a finais de 2014. En todo caso, Somos Sindicalistas comparte co partido de Pablo Iglesias un discurso renovador e crítico coa profesionalización da actividade pública.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL