Luns, 11 Dec. 2017

Actualizado12:46:23 PM GMT

Estás en Canais

A Escola de Música de Vincios animará o concerto de San Xoán en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Cultura, enche de música o parque de A Coelleira o venres 24 de xuño a partir das 11.45h. con motivo da tradicional festa de San Xoán.

A Banda de Música Infantil e a Banda Xuvenil da Agrupación Musical de Vincios serán as encargadas de inaugurar o acto ás 11:45h., e o alumnado do Conservatorio Elemental de Gondomar pechará este evento ás 12:00h. co seu concerto de Fin de Curso.

Dende o Concello convídase a toda a veciñanza a acudir o evento.

A Asociación Espazo Lectura celebra a IX Fogueira dos Versos na noite de san Xoán

Correo-e Imprimir PDF

00 Fogueira versos Cabeceira-300x191A noite do 23 de xuño a asociación Espazo Lectura celebrará, un ano máis, un san Xoán alternativo coa IX Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración popular desta data (con comida e cacharela), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo que este ano correrá a cargo de Felipe Díaz "Caxoto", que contará uns "Contos de medo que deixan durmir"; xa que logo, unha actuación para todos os públicos.

A Fogueira dos Versos celébrase na Casa da Lectura (Donas) a partir das 21:00 horas. As persoas que se animen a participar poden contribuír á festa traendo das súas casas algo de comida.

Con tres audicións a Escola de Música de Vincios celebra o fin de cursos.

Correo-e Imprimir PDF

O primeiro terá lugar este xoves 23 de Xuño cunhas audicións Internas na Escola de Música do alumnado.
O Venres 24 de xuño concerto da Banda Infantil e da Banda Xuvenil da Agrupación Musical de Vincios no Parque da Coelleira ás 11:45h.
-O Sábado 25 de Xuño Audicións Fin de Curso da Escola de Música no Auditorio do Centro Cultural de Vincios ás 19h.

Baiona prepara o IX Serán á Beira do Mar con pasarrúas e encontros musicais no parque da Palma.

Correo-e Imprimir PDF

seran baionaEste sábado 25 de xuño terá lugar o IX Serán á Beira do Mar organizado pola Escola de Danza Vila de Baiona e a asociación cultural Seneira.

A actividade dará comezo ás 21 horas con pasarrúas polo casco vello de Baiona.

A partir das 22 horas hai un chamado para concentrarse no parque da Palma onde haberá música, bailes e sorteos de agasallos con chocolatada e postres de balde a media noite.

Apoian ACEBA e o Concello de Baiona.

Gondomareño e nicranense son xentilicios “inventados” segundo recente publicación universitaria.

Correo-e Imprimir PDF

xose henrique costasO profesor vigués Xosé Henrique Costas acaba de editar un libro sobre os xentilicios de Galicia. No volume denuncia a excesiva presenza de castelanismos disfrazados de cultismos. "Moitas das nosas propostas son arriscadas, pero fixémolas desde o coñecemento e o amor ao noso", salientou o autor na presentación da investigación.

"Somos conscientes de que moitas das nosas propostas son arriscadas, mesmo ousadas, pero fixémolas desde o coñecemento e o amor ao noso idioma". Así describe Xosé-Henrique Costas, director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, os contidos do seu último libro Os xentilicios de Galicia e doutros territorios da lingua galega, un manual que nace para orientar na formación dos xentilicios e tamén "para desenmascararmos tanto castelanismo disfrazo de cultismo (que no fondo son o mesmo: desgaleguización) e para tratar de establecer unhas normas de creación non condicionadas por orientacións foráneas", subliña o docente vigués, que fai tamén fincapé en que "no mundo da lingua non hai nada inocente nin casual, nin sequera a invención ou a suplantación dun xentilicio".

Nace un novo espacio na rede para a historia e o patrimonio de Galicia

Correo-e Imprimir PDF

hdg capturaNace historiadegalicia.gal unha web sobre o patrimonio e a historia do país que recopila información e novas sobre todas as actividades que teñen que ver con arqueoloxía, historia, xeografía, desfeitas patrimoniais, lendas e mitos ou investigacións históricas.

Un dos principais obxectivos desta publicación online, á que tamén se pode acceder desde o dominio www.historiadegalicia.com, é contar todo o que ten que ver coa historia e o patrimonio de Galicia ou da antiga Gallaecia, sen deixar de prestar atención a outros feitos que sexan importantes para entender o noso pasado. Tamén prestará atención ao traballo de especialistas galegos que traballen en proxectos históricos en Galicia e fóra dela.

Deputación: Afirman ter desmontado o anterior sistema “Louzán” de reparto de axudas ás asociacións.

Correo-e Imprimir PDF

carmela silvaA nova administración provincial da socialista Carmela Silva denunciou esta fin de semana que o antecesor Rafael Louzán (PP) empregaba partidas de axudas para actividades asociativas "para subvencionar indirecta e irregularmente competencias propias dos concellos, fundamentalmente do PP, e outras moitas que nin lle competen á institución provincial nin ós propios concellos, xa que lle corresponden a institucións como a Xunta de Galicia ou a Igrexa".

Asegura que entre outras cuestións, a través do PAC (Plan de Acción Comunitaria), o ex presidente Louzán chegou a repartir recursos da Deputación para reparar "necesidades" como "tellados de igrexas, andas de imaxes relixiosas, adquirir menaxe para cociñas, mercar sinais de tráfico, crear zonas de esparexemento, o incluso procurar a mellora dos biótopos de coellos. Tamén chegáronse a realizar a través do PAC obras municipais (ampliacións de camiños, parques infantís, construcións de aseos e mellores en centros sociais municipais, etc.), a maioría delas sen licenzas e de xeito irregular".

Afirma que a nova administración provincial vai racha "co modelo clientelar e arbitrario" que se aplicaba nas adxudicacións do antigo PAC. Así instrumentará o chamado Plan Concellos que integra os fondos que o ano pasado se destinaron ó PAC "para que sexan os propios municipios os que decidan onde investir os recursos".

OVALMI organiza encontro de asociados en Porto do Molle

Correo-e Imprimir PDF

porto do molleO próximo día 5 de xullo a partir das 19.30 horas no Centro de Negocios de Porto do Molle, a Asociación de Empresarios do Val Miñor, OVALMI, organizará o I Reunión de Negocios. Unha iniciativa gratuíta dirixida a profesionais e empresarios membros da Asociación para fomentar o coñecemento persoal entre os asociados e dos servizos ou produtos que comercializan e estreitar relacións entre eles.

O ilustrador coruñés Carlos Arrojo gaña o concurso de carteis Quin Alborés cara o X Festival de Jazz.

Correo-e Imprimir PDF

gramofono-cartel-jazzImpúxose a un total de 51 propostas presentadas nun certame que salientou pola súa calidade e récord de participación

O ilustrador coruñés Carlos Arrojo resultou o gañador do Concurso de Carteis Quin Alborés que convoca o Concello de Nigrán coa súa proposta "Gramófono". O traballo, premiado con 500 euros, será o que se empregue para a difusión do festival nesta décima edición. O xurado destacou na súa valoración o seu "impecable traballo de maquetación e ilustración" e o seu gran "detallismo". Precisamente, Arrojo, un dos máis recoñecidos ilustradores do panorama galego, xa foi o gañador na edición de 2012.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL