Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta “Abecedarios”, obra didáctica para os máis cativos.

Correo-e Imprimir PDF

mesa-galegoA Mesa pola Normalización Lingüística presentou o proxecto de vocabulario infantil Abecedario, unha nova colección de libros para nenos que procura fornecer o uso da lingua do país nos máis cativos. Aves é o título do número presentado no Pazo da Cultura de Pontevedra o pasado venres. O proxecto é complementado con cancións e vídeos que poden descargarse da web da asociación.

Artistas independentes do Val Miñor e O Baixo Miño amosan as súas obras no Culturgal en Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

irene-silva-baionaO Culturgal está a fornecer un espazo de encontro non só entre as empresas e colectivos da cultura, tamén entre os artistas e artesáns que achegan as súas obras e proxectos particulares. Así o recoñecen artistas como Irene Silva, a plástica baionesa cuxa obra agora pode visitarse na feira e Fe González, artesán do Baixo Miño.

Medios en galego reivindican o dereito a informar en igualdade de condicións que os medios en castelán.

Correo-e Imprimir PDF

mesaOs medios en galego reclaman unha xestión transparente das axudas e cotas de publicidade das administracións públicas nos medios de comunicación. Esixen o respecto á lingua do país como vehículo informativo e o cese inmediato da entrega de subvencións por “presunta promoción da lingua galega” ás empresas mediatas monolingües en castelán.

Xornalistas de Que Pasa Na Costa, Galicia Confidencial, Son Radio Fusión e Valminor.info compartiron unha mesa de intercambio que afondou nestes temas no transcurso da feira das industrias culturais galegas CULTURGAL, que se está a celebrar até o vindeiro domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Escarlatina, a cociñeira defunta achega receitas no Culturgal.

Correo-e Imprimir PDF

victor-rivas-e-ledicia-costasSobre a morte non está todo dito. Doutro xeito difícil é de explicar o grande éxito da novela Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014), de Ledicia Costas, gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2015. A autora foi convidada a falar co seu público no marco do Culturgal 2015 que estase a celebrar este venres, sábado e domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra. No encontro, ducias de cativos deixaron a súas impresións e consultaron á autora sobre os personaxes e algúns dos episodios da novela que especialmente lembraban. Aprender a cociñar a carón dunha cociñeira morta é o desafío que fía este relato que deixou pegada dende a súa saída nos lectores. As receitas que vai deixando Escarlatina ao aprendiz é un dos segredos do éxito, segundo a novelista.

Catro intrépidas formigas abren a nova edición do Culturgal 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

pere andres amegaA colección Formig4s (Xerais) de Pere Tabaruela e Andrés Meixide abriu o programa 2015 do Culturgal. Medio centenar de cativos dos colexios Xunqueira e Vidal Portela gozaron dunha animada conversa cos autores no espazo reservado para centros escolares do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Xulián Maure asume a nova dirección do Instituto de Estudos Miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF

A Asemblea Xeral de Socios do Instituto de Estudos Miñoranos, reunida este venres en sesión extraordinaria procedeu á elección da Dirección e a nova Xunta de Goberno que rexerá a asociación.

Nese senso presentouse unha única lista nas formas e prazos establecidos polos estatutos da asociación a que obtivo o apoio unánime dos socios presentes.

Pedro Feijoo presentará a súa nova novela “Morena, perigosa e románica” no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

libroePedroFeijooDe boca do propio autor imos coñecer todos os segredos de Morena, perigosa e románica, a nova e esperada novela de Pedro Feijoo. Acompañado de Manuel Bragado da casa editorial Xerais e Luís Domínguez Sanjuán da Asociación Espazo Lectura, a presentará este xoves 22 de outubro ás 20:30 horas nun acto aberto.

Morena, perigos e románica. Unha novela dantesca.

Ciclo de xornadas de promoción do cooperativismo en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

coopA Rede Eusumo, en colaboración coa Concellería de Formación, Emprego, e Dinamización Económica do Concello de Gondomar, organiza o ciclo de xornadas de promoción do cooperativismo titulada "Emprender baixo a fórmula cooperativa, unha boa opción de emprendemento". Esta actividade está integrada no plan de actuación da rede para este ano 2015.
Estas xornadas terán lugar o día 28 e 29 de outubro no Concello de Gondomar. A través das mesmas preténdese amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

“Espazos sonoros” achega este domingo a Baiona un recital de músicas renacentistas e barrocas do cantante e laudista Joel Frederiksen

Correo-e Imprimir PDF

Joel FrederiksenEspazos Sonoros” chegará esta fin de semana a Baiona nunha nova sesión deste festival de música e patrimonio promovido pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura.

Este domingo 18 de outubro, ás 20:00 horas, a igrexa barroca de Santa Liberata acollerá o concerto do cantante e laudista Joel Frederiksen, que ofrecerá un recital de música inglesa, francesa e italiana do Renacemento e do primeiro Barroco.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL