O prazo de presentación de ofertas abre hoxe e consta de 15 días naturais
O Concello considera o novo importe "máis axeitado á realidade da instalación e beneficioso para as arcas municipais".
O Concello de Nigrán abre hoxe, trala súa publicación onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP), o prazo para a contratación da xestión da cafetaría do complexo deportivo municipal "Dunas de Gaifar", que vence próximamente.
A principal novidade é a subida do cánon anual de 8.000 euros aos 22.500 euros que se establecen agora como mínimo. O Concello considera este novo importe "máis axeitado á realidade da instalación e beneficioso para as arcas municipais, e, por ende, para tódolos veciños."
Por outra banda, o prazo máximo de duración do contrato será de catro anos e non poderá ser prorrogado. Paralelamente, establécese unha fianza provisional de 4.000 euros (será devolta á empresa unha vez adxudicado o contrato) e unha definitiva de 10.000 euros. As bases están tamén publicadas na web do Concello.