O martes 2 de febreiro celebrarase a sesiónmensual do club Sete Vidas centrada na lectura do éxito literario da escritora francesa Muriel Barbery A elegancia do ourizo (Galaxia, 2008). A cita será, coma sempre, a partir das 20.00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.
O club de lectura Lendo Contigo viaxa a Londres da man do escritor Xelís de Toro
O sábado 29 de XANEIRO terá lugar a sesión mensual do Club de Lectura Compartida Lendo Contigo, dedicado a nenos e nenas de 8 a 12 anos, e seus pais e nais, e organizado por Espazo Lectura. Nesta ocasión, o libro que centrará a sesión é A máquina contacontos (editorial Rodeira), do escritor galego establecido en Londres Xelís de Toro.
Inscricións abertas para o Entroido 2011 no Concello de Nigrán.
Gondomar abre o prazo de inscrición para o desfile de comparsas de Entroido
A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar ven de publicar as bases que rexen o tradicional desfile concurso de comparsas de Entroido, que este ano se celebrará o domingo 6 de marzo a partir das 16.00 horas. O departamento de Cultura informa ás agrupacións interesadas que o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 25 de febreiro, ás 14.30 horas. Cada comparsa deberá estar formada por un mínimo de 20 persoas.
A Asociación Veciñal Dunas organiza unha excursión a ExpoOurense o próximo 6 de febreiro.
Achegamos información recibida da Asociación Veciñal Dunas e mais o Concello de Nigrán sobre a excursión a ExpoOurense o próximo 6 de febreiro.
SAIDA: 08:45 horas dende a explanada ou praza da Casa do Concello, en NIGRAN.
CHEGADA: Sobre as 20:00 horas ó mesmo punto de partida.
O Coro Tradicional Cantares do Brión preséntase oficialmente en Vincios.
O sábado 22 de xaneiro a partir das 20 horas terá lugar no Centro Cultural de Vincios, no Concello de Gondomar, o acto de presentación do Coro Tradicional Cantares do Brión, con apadriñamento a cargo do histórico Coro Cántigas da Terra. Dous anos despois da súa constitución, e logo de actuar en distintos eventos, como o Festival Folc Sons da Lameira, en Matamá, ou na Homenaxe ao Gaiteiro, recentemente celebrada no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, en Vigo, Cantares do Brión, unha formación de 60 membros, preséntase oficialmente no lugar onde naceu e onde ten a súa sede social: na parroquia miñorana de Vincios, en Gondomar, no seu Centro Cultural.
Xosé González Martínez protagoniza unha nova TERTULIA do IEM.
O escritor Xosé González Martínez será o protagonista dunha nova TERTULIA organizada polo Instituto de Estudios Miñoranos. O presidente da Fundación Premios da crítica de Galicia será presentado polo técnico editorial e membro do IEM Xosé M García Crego, hoxe venres ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira nº 10, baixo, Gondomar). Ao remate do faladoiro se realizará unha cea co González Martínez no Pazo da Escola de Mañufe. Os interesados deber facer a reserva no teléfono 680 644 490.
Presentación oficial do Coro Tradicional Cantares do Brión.
O sábado 22 de xaneiro a partir das 20 horas terá lugar no Centro Cultural de Vincios, no Concello de Gondomar, o acto de presentación do Coro Tradicional Cantares do Brión, con apadriñamento a cargo do histórico Coro Cántigas da Terra. Dous anos despois da súa constitución, e logo de actuar en distintos eventos, como o Festival Folc Sons da Lameira, en Matamá, ou na Homenaxe ao Gaiteiro, recentemente celebrada no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, en Vigo, Cantares do Brión, unha formación de 60 membros, preséntase oficialmente no lugar onde naceu e onde ten a súa sede social: na parroquia miñorana de Vincios, en Gondomar, no seu Centro Cultural.
Fun Home de Alison Bechdel este martes en Lecturas Debuxadas na Biblioteca de Gondomar.
A asociación Espazo Lectura celebra este martes 18 a sesión de xaneiro do club de lectura de cómics Lecturas Debuxadas. Nesta ocasión, a lectura sobre que vai xirar a actividade é Fun Home, una familia tragicómica, cómic autobiográfico da autora americana Alison Bechdel.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL