Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Teatro para toda a familia con “O Bufón de Reino”, o luns e o martes en Gondomar .

Correo-e Imprimir PDF

O Bufon do ReinoA programación teatral de Nadal do Auditorio Municipal Lois Tobío reanudarase o luns 3 de xaneiro coa obra “O Bufón do Reino”, da compañía viguesa The Pinga Teatro. O prezo das entradas é de 2.5 euros. A representación dará comezo ás 18.00 horas. “O Bufón do Reino” tamén se representará o martes 4, á mesma hora.

O Coro de Voces Masculinas Baionesas e a Rondalla Virxe da Roca actuarán en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
concierto_navidadO Coro Voces Baionesas ofrecerán o vindeiro domingo, 2 de xaneiro, un concerto especial de Ano Novo no Auditorio Municipal Lois Tobío. O concerto está organizado pola Asociación de Mulleres en Igualdade de Gondomar. O recital, no que tamén intervirá a Rondalla Virxe da Roca, será ás 19.30 horas, con estrada gratuíta ata completar aforo. O repertorio incluirá habaneras, panxoliñas e temas clásicos.

Tanxarina chega a Gondomar con “Ah, ah, ah, Estamos Monstros de Risa”

Correo-e Imprimir PDF

tanxarina_monstros_de_risa“Ah, ah, ah, Estamos Monstros de Risa” é o nome do espectáculo que Tanxarina Teatro presentará en Gondomar mañá mércores, dentro da programación especial de Nadal da Concellería de Cultura. A obra, escrita e dirixida por Cándido Pazó, dará comezo ás 18.00 horas. O prezo das entradas é de 2.5 euros, e venderanse desde unha hora antes na taquilla do Auditorio. A obra realízase en colaboración coa Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais.

O Colectivo Berra Val Miñor organiza CAMOS VOLVE A MOLAR!!

Correo-e Imprimir PDF

camos-volve-a-molarO próximo mércores 29 de decembro o Colectivo Berra Val Miñor organiza "Camos volve a Molar!!",  unha xornada de lecer no Centro Cultural de Camos “A Camoesa”. A partir das 20.30 horas terá lugar unha actuación de TEATRO DE SOMBRAS CHINESCAS, que deleitará ós mais pequenos e, porque non, tamén ós maiores. Á noitiña, sobre as 23.00 horas. a música tomará o auditorio do C.C. A CAMOESA nunha "xornada musical aberta", unha xuntanza de músicos miñoranos que improvisarán sobre o escenario ata que “o corpo aguante”.

As voces do Coro Ecos do Castelo (A Carrasca) encheron a Capela de San Campio.

Correo-e Imprimir PDF

ecosdocasteloguitarraAs voces do Coro Ecos do Castelo encheron a Capela de San Campio nunha velada musical no marco dos Concertos de Nadal organizados polo Concello de Nigrán. Catorce veciñas e nove veciños da parroquia de Parada integran esta coral baixo a dirección de Samuel Carmona. O pasado domingo 26, o público asistente puido escoitar e gozar de pezas como “Fun a Fonte”, “Campanitas”, “Por ti volaré”, “Meu amor mariñeiro”, “Perfidia”, “Recuerdos de un ayer”, “Por entre as silveiras” e un “Popurrí Venezolano” cunha pinga de lembranza da Venezuela nata do seu director.

“Osofete”, proposta teatral para nenos no Auditorio Luis Tobío de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

monecos_OSOFETEAs actividades culturais de Nadal, organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, continuarán mañá martes 28 de decembro coa representación de “Osofete”, da compañía santiaguesa Tirititempo. A función será ás 18.00 no Auditorio Municipal Lois Tobío. As entradas serán a 2.5 euros, e venderanse desde unha hora antes na taquilla do Auditorio.

I Exposición de Artistas Miñoranos 2010

Correo-e Imprimir PDF

Triptico-I-Exposicin-Artistas-Mioranos-2010-1Hoxe xoves 23 de decembro inaugúrase a I Exposición de Artistas Miñoranos 2010, na primeira planta do Centro da Terceira Idade da Ramallosa, fronte ao cine Imperial. A exposición colectiva e multidisciplinar, organizada en colaboración cos Concellos de Nigrán e de Gondomar, conta con once artistas de diversos estilos e variadas técnicas pero cun punto en común: o Val Miñor. Esta iniciativa, liderada por tres mozos emprendedores de Nigrán, permanecerá aberta ao público ata o próximo 9 de xaneiro. Os horarios de apertura son de luns a domingo de 11 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

O IEM presenta unha edición limitada de 50 carpetas de obra gráfica de cinco artistas galegos.

Correo-e Imprimir PDF

IEM_serigrafiasO Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) presenta unha edición limitada de 50 carpetas de obras gráficas de cinco artistas galegos. Cada carpeta contén cinco serigrafías orixinais, de 68x50 cm., unha de cada un dos artistas: Fernando Casás, Armando Guerra, Fino Lorenzo, Carlos Barros e Lula Goce, estampadas no Taller Villalobos de Serigrafía Artística, sobre cartolina Fabriano Academia de 350gr.

Concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica Infantil e Xuvenil de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

orquestra_sinfonica_infantil_xuvenil_NigranMañá mércores 22 de decembro dende as 20,00 horas no Centro Cultural do Torreiro de Priegue “Concerto de Nadal” a cargo das alumnas e alumnos da Orquestra Sinfónica Infantil e Xuvenil de Nigrán baixo a dirección de Miguel Ángel Quiñones Cabezón. O concerto e froito de moitos meses de ensaio no Colexio Público de Mallón, onde asisten nenas e nenos dende os sete aos quince anos. O espectáculo é libre.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL