Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Presentación do poemario Antítese Nativa en Libraida.

Correo-e Imprimir PDF

antitese_nativaA libraría Libraida de Gondomar invita á presentación de "Antítese Nativa", obra do poeta noiés Manuel L. Rodrigues, editada por Acha Escraba. A presentación do autor estará a cargo do xornalista e ex profesor do Instituto Auga da Laxe, Ramón Blanco Fernández, quen participou como corrector do libro. O acto celebrarase o vindeiro luns 28 de marzo ás 20:30 hora. A libraría Libraida atópase na Rúa Rosalía de Castro Nº 13.

Teatro infantil no auditorio Lois Tobío

Correo-e Imprimir PDF

VALENTIN_RUFINIA fin de semana de conmemoración do Día Mundial do Teatro concluirá o domingo coa función infantil de Talía Teatro “Valentín Rufini e Akil Pillaban de viaxe en Milán”, baseada no libro infantil de Roberto Salgueiro. A función, será no Auditorio Municipal, será as 18.00. Entrada, 2,5 euros.

Andaina “Camiña e Saborea Nigrán”.

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe da anterior andaina As concellarías de Turismo e Cultura de Nigrán organizan para este domingo 27 de marzo a segunda xornada do programa "Camiña e Saborea Nigrán". Con saída ás 10 da mañá dende a praza do Concello a andaina desenvolverase pola senda do Río Muiños e pola zona de Porto de Molle. A ruta é de dificultade media e de 10 kilómetros aproximadamente.>

A comedia “Frantasmas”, mañá venres no Auditorio Municipal Lois Tobío

Correo-e Imprimir PDF

teatro_frantasmasGondomar inicia o programa do fin de semana de celebración do Día Mudial do Teatro este venres coa obra "Frantasmas" no auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Un antigo casarío de estilo victoriano reproducido a gran formato é a nosa cámara dos horrores particular… unha espectacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chimeneas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan aos inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos. Esta é a proposta de “Frantasmas”, a comedia da compañçía Acontrabutaca que inaugura mañá venres a fin de semana de celebración do Día Mundial do Teatro, que terá lugar o domingo.

A obra está co-dirixida por David Ottone de Yllana, a compañía de referencia do humor estatal. Xosé Lueiro asina a dirección e os tres “frans” Fran Ameixeiras, Fran Campos e Fran Rei conforman o elenco. Tratase dun espectáculo cunha coidada escenografía e cun sinxelo e fresco humor que pretende abrir unha nova liña facer comedia en Galicia. Un asesinato, un detective e unha misteriosa casa que nos levarán ao final máis espectacular e divertido dos últimos anos, onde o público terá un papel fundamental. A función será ás 22.00 horas. O prezo da entrada é 3,5 euros e véndense desde unha hora antes na taquilla do Auditorio.

O sábado 26 será a quenda dunha das compañías máis aplaudidas en Gondomar, Fulano, Menga e Citano e “Viva a Crise” (22.00) , mentres que o domingo a compañía santiaguesa Talía porá en escena a versión teatral de “Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe en Milán (e van sen un can)” (18.00), baseada no mesmo libro infantil de Roberto Salgueiro. O libro é unha lectura recomendada nos estudos de primaria.

A programación de teatro do Concello de Gondomar conta coa colaboración da Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

A obra dará comezo ás  22h. e a entrada custa 3.5 euros.

Continúa o ciclo de cine alemán "Lois Tobío na República de Weimar" na sede do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

Sinfona-de-BerlnBerlín sinfonía dunha gran cidade (Die Symphonie der Großstadt) de Walter Ruttman, será o próximo título a exhibir no ciclo de cine "Lois Tobío na República de Weimar" organizado polo IEM e mais a Fundación Vicente Risco, coa , colaboración do Goethe Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo. A proxección terá lugar o próximo xoves 24 de marzo ás 20:00h na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda da Feira Nº10 baixo, Gondomar.

Espazo Lectura convoca lectores para a cuarta edición de "Dar de ler coma quen dá de beber".

Correo-e Imprimir PDF
 Anaír Rodríguez e Bieito Legaspi, organizadores da cuarta edición de

Aproxímase a cuarta edición da actividade Dar de ler coma quen dá de beber organizada pola Asociación Espazo Lectura. Unha sesión de lecturas en voz alta que celébrase anualmente con motivo da conmemoración do Día do Libro. Este ano, posto que o 23 de abril coincide con Semana Santa, o acto terá lugar o venres 29 de abril. Coma en ocasións anteriores os organizadores queren reunir arredor de 30 persoas nun espazo público para ler e escoitar as lecturas e celebrar así o Día do Libro. A organización invita a participar nesta iniciativa, polo que anima a persoas de tódalas idades a escoller un libro, preferiblemente en lingua galega, e seleccionar un fragmento para ler. As lecturas non deberán durar máis de 3 minutos (é importante cinguirse ao tempo). A sesión comezará ás 19:30h e rematará aproximadamente ás 22:00h, aínda que non é necesario estar presente durante todo o acto.

Convocatoria de dúas Bolsas en réxime de concorrencia competitiva para Enxeñeiros Técnicos Agrícolas

Correo-e Imprimir PDF
racimo_uvaA Deputación de Pontevedra convoca a dúas Bolsas dirixidas a Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, en réxime de concorrencia competitiva, co destino ao Servizo de Medio Natural. A función destes cargos serán tarefas de investigación e colaboración, co fin de mellorar e prestar asistencia técnica en materia de viticultura e horta, das plantacións de viñedos e cultivos da provincia. As bases do chamado atópanse no Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra Nº56 do martes 22 de marzo de 2011.

Abertas as inscricións para un curso de iniciación ao programa de deseño Autocad en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casadaculturaDende hoxe e ata o vindeiro 14 de abril están abertas as inscricións para un curso de iniciación ao programa de deseño técnico Autocad organizado pola Concellería de Xuventude de Gondomar. O curso, de 40 horas de duración, terá lugar do 25 de abril ao 19 de maio, en horario de 10.00 a 13.00 horas de luns a venres.

O club Lecturas debuxadas amósanos a realidade de Corea do Norte vista polo canadiano Delisle.

Correo-e Imprimir PDF

pyongyang01gNova cita co club de cómic Lecturas Debuxadas da Asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión, o cómic que centrará a charla será Pyonyang, de Guy Delisle, publicado por Astiberri. Será na Biblioteca Municipal de Gondomar este martes 22 de marzo a partir das 20.00 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL