Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O club Lecturas debuxadas amósanos a realidade de Corea do Norte vista polo canadiano Delisle.

O club Lecturas debuxadas amósanos a realidade de Corea do Norte vista polo canadiano Delisle.

Correo-e Imprimir PDF
pyongyang01g

Nova cita co club de cómic Lecturas Debuxadas da Asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión, o cómic que centrará a charla será Pyonyang, de Guy Delisle, publicado por Astiberri. Será na Biblioteca Municipal de Gondomar este martes 22 de marzo a partir das 20.00 horas.

Pyongyang permitiranos descubrir como é a vida en Corea del Norte vista por un debuxante canadiano que marcha traballar como supervisor de debuxos animados europeos realizados na capital norcoreana. Estamos ante un libro que reflicte de forma maxistral o día a día nun dos réximes totalitarios máis cerrados do mundo. As sorprendentes anécdotas que conta o autor, serven de contrapunto fronte ao horror da ditadura. Pyongyang é unha reportaxe apaixonante realizada por un autor dotado dunha mirada aguda e nada compracente.