Martes, 7 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Teatro infantil no auditorio Lois Tobío

Teatro infantil no auditorio Lois Tobío

Correo-e Imprimir PDF
VALENTIN_RUFINI

A fin de semana de conmemoración do Día Mundial do Teatro concluirá o domingo coa función infantil de Talía Teatro “Valentín Rufini e Akil Pillaban de viaxe en Milán”, baseada no libro infantil de Roberto Salgueiro. A función, será no Auditorio Municipal, será as 18.00. Entrada, 2,5 euros.

 

Na Italia do século XVIII, o cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán. No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Danniello Pillabán, a quen a súa ama deixou composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañán pase a carruaxe.