Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Continúa o ciclo de cine alemán "Lois Tobío na República de Weimar" na sede do IEM.

Continúa o ciclo de cine alemán "Lois Tobío na República de Weimar" na sede do IEM.

Correo-e Imprimir PDF
Sinfona-de-Berln

Berlín sinfonía dunha gran cidade (Die Symphonie der Großstadt) de Walter Ruttman, será o próximo título a exhibir no ciclo de cine "Lois Tobío na República de Weimar" organizado polo IEM e mais a Fundación Vicente Risco, coa , colaboración do Goethe Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo. A proxección terá lugar o próximo xoves 24 de marzo ás 20:00h na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda da Feira Nº10 baixo, Gondomar.

Ficha técnica:

Berlin: Die Symphonie der Großstadt. Alemaña, 1927, 62 min

Director: Walter Ruttmann

Guión: Karl Freund, Carl Mayer

Fotografía: Robert Baberske, Karl Freund, Reimar Kuntze, László Schäffer

Xénero: Documental mudo

Sinopse: Inspirado no documental soviético Kino-Nedelia (1918), de Dziga Vertov, Ruttmann realizou cos mellores fotógrafos alemáns da época un documental baseado na vida da cidade de Berlín, en cinco actos e durante un día, co tranvía e o tren de fondo. Ten un valor antropolóxico da Alemaña antes do nazismo e suxire unha forza premonitoria e lírica que esperta reflexións sobre a civilizada tecnocracia que invade o ser humano.