Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Noite máxica coa arpa celta de Marta Quintana na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF
A arpista Marta Quintana na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

A arpista Marta Quintana, presentou hoxe unha escolma exquisita do seu delicado repertorio na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Da súa arpa manaron pezas dende a máis pura tradición musical do país ata fermosísimas mixturas cos sons contemporáneos. Un concerto peculiar e íntimo pois Marta fixo a súa música en solitario, sen a habitual compaña do seu grupo de músicos. Durante o concerto interpretou varios temas do seu último traballo Amable, editado en decembro pasado.

Blues en vivo este venres no Café Clandestino, na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

coll--crowBlues en vivo este venres na Ramallosa co proxecto do armónica Marcos Coll e mais o guitarrista Peter Crow. O novo proxecto do harmónica Marcos Coll (Os Reis do K.O.), quen esta vez se sobe ao escenario con Peter Crow C (tamén coñecido como Peter Krause), lider do grupo The Weed Whackers (grupo que mestura como poucos blues, jazz e folk negro de preguerra).

Marta Quintana presentará o seu disco "Amable" na Aula de Cultura Ponte de Rosas no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz-Marta_IEM-2-CustomHoxe martes 22 de febreiro, as 20:30h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira 10 b., Gondomar) a arpista Marta Quintana, presentará Amable, o seu último disco. Neste traballo discográfico foron compañeiros de viaxe Cuchús Pimentel, Xurxo Varela, Suso Feixón, Marcos Campos, Marcos Padrón entre outros músicos; como técnico de gravación Bernal Álvarez e na mestura dixital Javier Abreu en Océano Studio, de Nigrán.

Manuel Rivas prologa a edición en galego de “Indígnate!”, de Stéphane Hessel

Correo-e Imprimir PDF

Indgnate_capa“Indígnate!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que vai saír publicado nunha vintena de linguas, poderase ler en galego coa edición que está a ultimar o selo editorial FAKTORÍA K para que estea no mercado nos primeiros días de marzo, ao prezo de 5 euros. O escritor Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus recios 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. A tradución de “Indígnate!”, a cargo de Fernando Moreiras, complétase coa achega de Marc Taeger no deseño da capa.

Espazo Lectura foi nomeada como "mellor iniciativa do ámbito do libro" polos editores galegos.

Correo-e Imprimir PDF
rincon-infantil-gondomarA Asociación Galega de Editores (AGE) outorgou o Premio Francisco Fernández del Riego á mellor iniciativa do ámbito do libro en Galicia a asociación miñorana Espazo Lectura. Este recoñecemento foi comunicado no marco da presentación dos finalistas aos Premios da Edición 2010 que se entregarán o próximo 12 de marzo en Lugo, na VI Noite da Edición.

Este sábado, Concerto-Espectáculo Teatral "A Nena e O Grilo" en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Concerto-espectáculo teatral

Dentro do programa En clave de conto da campaña Bocaberta da SXPL, o sábado 19 de febreiro o auditorio Lois Tobío de Gondomar acollerá o concerto-espectáculo teatral " A nena e o grilo", baseado no libro-CD homónimo editado pola editorial OQO. O concerto comezará a partir das 12.00 horas e estará organizado por Espazo Lectura.

Espazo Lectura suspende a actividade de dinamización lectora de hoxe.

Correo-e Imprimir PDF
rincon-infantil-gondomarAnte o comunicado por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, da suspensión para o mércores 16 das actividades extraescolares a causa do temporal, Espazo Lectura decidiu suspender a actividade de dinamización lectora prevista para este mércores na Casa da Lectura.

Nigrán presenta o seu calendario de actividades de cara ao Día das Letras Galegas 2011.

Correo-e Imprimir PDF
O poeta e escritor Lois Pereiro homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011.

Co obxectivo de "encher de palabras os próximos meses ata chegar ao Día das Letras Galegas", o concelleiro de Cultura Juan González anunciou un calendario de actividades a desenvolver no concello de Nigrán dende o próximo xoves 17 de febreiro. O municipio organizará unha serie de conferencias, presentacións de libros, homenaxes e obras de teatro onde autores relacionados con Nigrán e con obras que centran a súa temática neste concello falarán das mesmas e do que Nigrán significa e significou na súa traxectoria.

Marcelino Gómez Arias: Unha loita pola República e o agrarísmo entre América, Portugal e Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
Marcelino Gómez Arias (1880-1924), xornalista e revolucionario republicano de dous continentes.

O nome de Marcelino Gómez Arias é practicamente descoñecido para a maioría dos galegos. Sen embargo a súa breve vida deixou pegada nas dúas marxes do Atlántico. A súa historia persoal comeza no occidente asturiano en 1880. Sendo moi novo emigra a Bos Aires onde toma contacto con sectores nacionalistas e revolucionarios das novas repúblicas de Uruguai e Arxentina. Logo da experiencia revolucionaria de 1904 en Uruguai participa na revolta republicana de Galicia en 1905 e na revolución republicana portuguesa de 1910. Cronista de guerra, xornalista de dous continentes, Marcelino Gómez morreu en Crecente en 1924.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL