Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Instalación A-MAR de Lula Goce na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF
A-MAR instalación de Lula Goce na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Aberto de luns a venres de 19 a 21 horas dende o 14 de febreiro ao 10 de marzo.

Sorprenderá a moitos a obra que a baionesa Lula Goce presentou o pasado venres 11 de febreiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Ata de agora non formaba parte da nómina de artistas vinculados ao Val Miñor, dos que, de lonxe ou de preto, sabemos, coñecemos, ou situamos. Tampouco é doado atopar o seu nome nas listas de artistas ou exposicións do país, esperamos que por pouco tempo. A razón deste descoñecemento é que Lula pasou case un terzo da súa vida fora da nosa terra, en Salamanca primeiro, e en Barcelona despois, onde trazou as coordenadas básicas da súa obra. Pero, e isto é o mais importante, sorprenderá pola amplitude e riqueza do seu traballo, de claras connotacións poéticas e conceptuais, pola liberdade e sutileza que mostra nos visibles cambios de rexistro e a desprexuizada disposición de todos os procedementos, recursos e linguaxes que necesita para falar do que quere dicir.

O club de cómic Lecturas Debuxadas trasládase a Vigo para coñecer a librería Banda Deseñada

Correo-e Imprimir PDF

meloMañá martes, día 15 de febreiro, ás 20:30h, o club de cómic Lecturas Debuxadas organizado pola asociación Espazo Lectura celebra unha sesión especial na libraría viguesa Banda Deseñada. A sesión deste mes trasládase a Vigo para ter un encontro con Melo, libreiro da devandita librería especializada  e colaborador do prestixioso festival Viñetas desde o Atlántico.

Cándido Pazó presenta "Historias e Histerias" no Café - Teatro Clandestino.

Correo-e Imprimir PDF
Candido-PazoO popular narrador, dramaturgo e contacontos, Cándido Pazó presentará mañá venres 11 o seu espectáculo "Historias e Histerias", no Café - Teatro Clandestino, da Ramallosa. A cita é ás 23:30 cunha entrada de 4€. Clandestino atópase na Avenida de Portugal Nº35, por reservas e información comunicarse ao teléfono 986 38 91 61.

Lula Goce presenta a súa instalación A-MAR na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF
Trátase  dunha intervención efémera realizada especialmente para este espazo pola artista Lula Goce.

Mañá venres 11 de febreiro de 2011 ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, (Avda. Campo da Feira, 10, baixo, Gondomar) inaugurarase a exposición da artista visual LULA GOCE "A-MAR. Cartografías do pasado-presente". Trátase dunha intervención efémera realizada especialmente para este espazo pola artista.

O arqueólogo Xosé Lois Vilar amosará a riqueza arqueolóxica e cultural da parroquia de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe petroglifo Auga da Laxe. Foto: vigoarqueologico.blogspot.com

A Chan das Moutas, A Cama da Moura ou O Outeiro da Cruz do Morto son nomes que indican lugares, espazos que forman parte da identidade da parroquia de Morgadáns. De todos eles e mais das achegas que a arqueoloxía fixo das diferentes culturas que deixaron a súa pegada na zona, será o tema da charla a cargo do experto do Instituto de Estudos Miñoranos  o arqueólogo Xosé Lois Vilar. O coloquio será o próximo sábado 12 de febreiro na Escola de Prado, no barrio de Prado, parroquia de Morgadáns (Gondomar). A xuntanza comezará ás 19 horas e está organizada pola Asociación Cultural de San Roque de Morgadáns.

Mackinstation presenta o espectáculo “Tony Lomba y su atril”

Correo-e Imprimir PDF
tony_lombaMackinstation, a antiga estación do tranvía da Ramallosa presentará o espectáculo do cantante Tony Lomba este venres as 23 horas. Entradas anticipadas a 6 euros.

O teólogo Victorino Pérez Prieto falará do Movemento Cristián Galego esta noite no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
Hoxe ás 20:30 horas TERTULIA do IEM có teólogo Victorino Pérez Prieto.

"O Movemento Cristián Galego. Unha Igrexa que existe e resiste" e o título da TERTULIA do IEM que esta noite terá por protagonista ao teólogo Victorino Pérez Prieto. A presentación do faladoiro estará a cargo do crego salesiano Xabier Blanco. A TERTULIA comeza ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira 10, baixo, Gondomar).

Cursos gratuítos de galego (CELGA) e inglés especializado para atención ao cliente en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Gondomar abre o prazo de inscricións para cursos de lingua galega nos niveis 2 a 4 CELGA, e para cursos de inglés de atención ao cliente para desempregados.

Presentación do disco Paxariños da Rúa de Aréma na libraría Libraida.

Correo-e Imprimir PDF

 

A libraría Libraida invita a presentación do disco Paxariños da Rúa, un traballo musical de Aréma para todo público. O concerto celébrase o venres 4 de febreiro ás 18:30 en Libraida na rúa Rosalía de Castro nº13, Gondomar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL