Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Presentación oficial do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Presentación oficial do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Correo-e Imprimir PDF
cartel_definitivo_cantares_brion_web

O sábado 22 de xaneiro a partir das 20 horas terá lugar no Centro Cultural de Vincios, no Concello de Gondomar, o acto de presentación do Coro Tradicional Cantares do Brión, con apadriñamento a cargo do histórico Coro Cántigas da Terra. Dous anos despois da súa constitución, e logo de actuar en distintos eventos, como o Festival Folc Sons da Lameira, en Matamá, ou na Homenaxe ao Gaiteiro, recentemente celebrada no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, en Vigo, Cantares do Brión, unha formación de 60 membros, preséntase oficialmente no lugar onde naceu e onde ten a súa sede social: na parroquia miñorana de Vincios, en Gondomar, no seu Centro Cultural.

Pola súa banda, Cántigas da Terra, con case cen anos de existencia, colleitou importantes éxitos, entre eles na súa intervención no Festival de Lorient no pasado ano.

Nesta actividade, á que están invitadas as máis altas autoridades da cultura, académicas e políticas, así como o público en xeral, con entrada libre, os coros citados, Cántigas da Terra e Cantares do Brión, interpretarán pezas do repertorio popular e tradicional de Galicia.

Dentro da actuación de Cantares do Brión, vai ser gravada en directo unha peza que o grupo Zurrumalla incluirá nun disco de próxima aparición.