Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Espazo Lectura: O éxito francés “A elegancia do ourizo” centra a sesión do Sete Vidas

Espazo Lectura: O éxito francés “A elegancia do ourizo” centra a sesión do Sete Vidas

Correo-e Imprimir PDF
a-elegancia-do-ourizo

O martes 2 de febreiro celebrarase a sesiónmensual do club Sete Vidas centrada na lectura do éxito literario da escritora francesa Muriel Barbery A elegancia do ourizo (Galaxia, 2008). A cita será, coma sempre, a partir das 20.00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

O libro

Coa súa segunda novela, Muriel Barbery converteuse en pouco tempo nunha revelación literaria, primeiro en Francia e logo en toda Europa. A elegancia do ourizo conta a historia de Renée, a porteira dun edificio do París burgués. Viúva, cativa e laida, ninguén sospeita que é máis culta ca todos os ricos finchados que moran na veciñanza. E a de Paloma, que vive na mesma casa, ten doce anos, é extraordinariamente intelixente e négase a ter como destino a vacuidade e a inepcia da existencia adulta. Cando faga trece anos, ten pensado suicidarse.

A autora

Muriel Barbery (Casablanca, Marrocos, 1969) é unha escritora francesa, profesora de filosofía, autora das novelas Una golosina (2000), traducida a doce linguas, e A elgancia do ourizo (2006) (publicada en galego por Galaxia en 2008). Esta última obra tivo un grande éxito no seu país con máis de 30 edicións e máis dun millón de exemplares vendidos, ocupou o primeiro lugar de vendas durante 30 semanas consecutivas e foi traducida a numerosos idiomas. A directora francesa Mona Achache rodou a película O ourizo baseándose nesta novela.