Venres, 21 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

O Xulgado de Tui absolve a sindicalista da CIG denunciada polo xerente do San Xerome

Correo-e Imprimir PDF

-O xulgado aprecia que a acción denunciada carece de relevancia penal, de acordo coas conclusións do fiscal durante a vista

O Xulgado nº 3 de 1º instancia de Tui acaba de ditar sentenza no xuízo de faltas celebrado o pasado 24 de marzo á sindicalista da CIG-Ensino Marta Dacosta, tras a denuncia presentada polo xerente do San Xerome. A sentenza é de libre absolución para a sindicalista.

Peitieiros convoca o seu II certame literario en conmemoración do Día das Letras Galegas.

Correo-e Imprimir PDF

-O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros convoca o II Certame literario co obxecto de conmemorar o Día das Letras Galegas
Até o próximo día 3 de maio está aberto o prazo para concorrer ao II Certame Literario convocado polo Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros, que ten por obxecto conmemorar o día das Letras Galegas.

Curso do CUVI preparará persoas que desexen ensinar español no estranxeiro.

Correo-e Imprimir PDF

instituto-cervantes

O Centro de Linguas do CUVI ofrece para este segundo cuadrimestre un curso de iniciación á ensinanza de español, dirixido non só a estudantes ou titulados en filoloxía ou estudos afíns, senón tamén ao alumnado de grao ou a profesorado procedente doutras especialidades, que teña interese en orientar a súa carreira á ensinanza de español fóra do país.
A matrícula abriuse o 9 de febreiro e permanecerá aberta ata o 22 de maio. Do 1 ao 12 de xuño, en horario de de 10.00 h. a 14.00 h. na Facultade de Filoloxía e Tradución impartirase a súa docencia.

A realidade laboral das mulleres galegas: entre a emigración, o paro e o infraemprego

Correo-e Imprimir PDF

549fdf2bac5a9-1O ano 2014 rematou con 131 mil mulleres desempregadas, fronte ás 132 mil do ano anterior. Porén, a realidade é que na actualidade hai en Galicia 13.600 mozas e mulleres de entre 16 e 35 anos menos que hai un ano

A Casa do Reloxo de Baiona será reconvertida nun viveiro de empresas por Zona Franca.

Correo-e Imprimir PDF

casa-reloxo-baionaO pleno de Zona Franca aprobou onte mércores a compra da Casa do Reloxo por un total de 165.000 euros . A antiga casa do Concello de Baiona até mediados do século pasado, será destinada a un viveiro de empresas tralas reformas necesarias segundo foi informado aos medios. O ben foi adquirido á Tesourería Xeral da Seguridade Social, actual titular do inmoble.
O edificio acollerá un Centro de Iniciativas Empresariais que reforzará na bisbarra o xa existente en Porto de Molle, tamén administrado por Zona Franca. As obras necesarias para remodelar a Casa do Reloxo necesitarán "dunha forte inversión", superior ao valor actual do inmoble, aseguran dende Zona Franca.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL