Domingo, 10 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

O paro baixa en 26.100 persoas en Galicia pero perde 15.400 traballadores activos

Correo-e Imprimir PDF

Oficina de Emprego Val Miñor

O paro baixa en 26.100 persoas en Galicia.

Os datos da EPA reflexan a perda de 15.400 traballadores/as activos menos que fai un ano.

As cifras dos fogares con todos os membros en paro sitúase en 1.8 millóns fronte aos 1.5 do ano 2011 en toda España.

Charla informativa sobre o cooperativismo como alternativa ao autoemprego

Correo-e Imprimir PDF

cooperativismoMañá xoves día 23 de outubro ás 10:30 horas terá lugar, no Centro Neural de Gondomar, unha charla sobre cooperativismo dirixida a persoas desempregadas dentro do proxecto comarcal "Valemprego".
Técnicos da federación galega de Cooperativas Sinerxia informará aos asistentes sobre as vantaxes e oportunidades desta fórmula xurídica baixo o nome "Cooperativismo como alternativa ao autoemprego", acompañando con exemplos de casos reais de éxito cooperativo o relatorio.

Conflito sindical en Citroën

Correo-e Imprimir PDF

Factoría Citroën en VigoA CUT denuncia a actitude dalgúns sindicatos e da dirección da factoría por negarse a convocar o novo comité ata o día 3 de novembro. Pide unidade sindical.

A dirección da factoría Citröen en Vigo acaba de abrir unha nova negociación cos seus traballadores xusto cando se acaba de elixir un novo Comité de Empresa. Sen embargo, e segundo denuncia unha das centrais que acaba de obter representación neste comité, a CUT, a empresa non quere convocar o novo Comité ata o vindeiro día 3 de novembro.

Curso de operador de carretillas elevadoras en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

carretilla elevadoraA Cámara de Comercio de Gondomar, en colaboración coa Concellaría de Formación e Emprego, organiza un curso formativo de operador de carretillass elevadoras os días 3,4,5,6 e 7 de novembro de 9 horas a 14 horas no Centro Neural de Gondomar co fin de dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para utilizar as carretas en ámbitos específicos. Os alumnos adquirirán coñecementos sobre as modalidades, condicionantes e riscos das distintas operacións de manipulación de cargas en función dos equipos e situacións habituais.
O curso ten unha duración total de 25 horas, 5 horas de formación teórica e 20 horas de formación práctica mediante o uso de maquinaria.

Mercadona de Nigrán oferta 5 postos de traballo e consegue máis de 3000 candidatos en 72 horas.

Correo-e Imprimir PDF

mercadonaO supermercado Mercadona oferta 5 postos de traballo nas súas instalacións en Porto do Molle.

A tan só 72 horas da súa publicación nas redes, próximo a 3.400 persoas xa se sumaron á oferta  no portal de emprego Infojobs e a cifra medra a cada hora.

As cinco vacantes son a xornada completa (40 horas semanais), de luns a sábados.

Segundo a oferta publicada no portal, non se require experiencia previa sendo a formación a cargo da empresa. O salario ofertado vai de 15.000 a 18.000 euros brutos anos, con contrato indefinido.

Os candidatos e candidatas deben ter cursada a ensinanza secundaria obrigatoria (ESO) completa, residir na provincia e ter carné de conducir para o posto de repartidor.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL