"Non podemos atender mellor porque o corpo está canso, non por falta de ganas", denuncia unha traballadora
As traballadoras de Residencias Públicas de Maiores arrastran tres anos sen poder librar domingos nen festivos. No 2012, a Lei de Medidas para reducir o déficit público nas Administracións recortou diversos dereitos recollidos no V Convenio para Persoal Laboral da Xunta de Galiza inhabilitando, entre outros, o artigo 19 que outorgaba o 75 por cento das horas realizadas en compensación por traballar domingos e festivos. Isto implica unha perda de entre 20 e 30 días de descanso cada ano e deixa aberta a posibilidade de traballar varios domingos seguidos.