Nesta xornada tivo lugar a inauguración en Porto do Molle da XIII Conferencia Internacional da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España. O acto celebrouse na sede da Citexvi (A Cidade Tecnolóxica de Vigo) coa presenza de Francisco Conde (Consellaría de Economía e Industria), o alcalde de Nigrán Juan González e autoridades de Zona Franca e o ámbito industrial. Na apertura do encontro, Conde salientou o rol clave que desempeñan estes parques, como o de Porto do Molle "como imáns do talento, do progreso e do emprego para a Galicia do futuro".
Economía
Obradoiros de música e inglés para cativos no Auditorio Municipal de Gondomar.
O Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá un ciclo de obradoiros interactivos para cativos de 10 a 12 anos co dobre obxecto de mellorar o inglés e as dotes musicais dos participantes. Os especialistas a cargo desta actividade destinarán á campaña a prol do ex alumno do Conservatorio de Música de Gondomar, Aarón Siebert, que procura continuar estudos nunha universidade estadounidense.
Imaxes: Empresarios miñoranos reciben os premios “Mellores Bocados 2015” outorgados por OVALMI.
Este luns 8 de xuño tivo lugar a entrega dos premios "Mellores Bocados 2015" coa que a asociación de empresarios miñoranos OVALMI agasallou aos comercios destacados neste evento desenvolvido en Nigrán. A gala tivo lugar nas instalacións de Adegas Val Miñor onde celebrouse unha comida con visita á adega incluída.
#Nigrán : Obradoiro de pan ecolóxico en Chandebrito
Os días 20 e 21 de xuño de 2015 celebrarase na antiga escola de Chandebrito a segunda edición do obradoiro de pan ecolóxico da parroquia, organizado pola Asociación "Chandebrito 1807". Na mesma explicarase cales son as bases da elaboración do pan na casa e cales son os principais problemas que poden xurdir así como poden solucionalos. É obxectivo do obradoiro chegar a coñecer as virtudes nutritivas do pan biolóxico feito con formento e do pan de landra. Tamén recuperar antigas formas de elaboración do pan que permitan a autosuficiencia para o control da alimentación persoal , permitindo facer un pan san e nutritivo.
Comezaron as viaxes diarias ás illas Cíes, dende Bueu, Vigo, Cangas e #Baiona
Esta semana comezan as viaxes de xeito regular ás illas Cíes, despois de que en maio só houbese visitas durante as fins de semana, a partir de agora amplíase o horario, haberá catro saídas diarias dende Bueu, Vigo, Cangas e Baiona, ata xullo e agosto que aumentarán. Dende Vigo sairán 10 viaxes, oito dende Cangas e seis dende Baiona.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL