Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Obradoiros de música e inglés para cativos no Auditorio Municipal de Gondomar.

Obradoiros de música e inglés para cativos no Auditorio Municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá un ciclo de obradoiros interactivos para cativos de 10 a 12 anos co dobre obxecto de mellorar o inglés e as dotes musicais dos participantes. Os especialistas a cargo desta actividade destinarán á campaña a prol do ex alumno do Conservatorio de Música de Gondomar, Aarón Siebert, que procura continuar estudos nunha universidade estadounidense.

Que ofrece este obradoiro?
Actividades interactivas a través das cales os participantes terán a oportunidade de practicar destrezas musicais en inglés e mellorar o seu inglés a través da música. Grupos reducidos (15 participantes máximo)
Quen está a cargo del?
Todas as actividades foron estruturadas e coordinadas por un falante nativo (americano) que dirixirá o campamento. O coordinador posúe titulación con arranxo ao Marco Europeo de Referencia (MER) e ao Conservatorio Profesional de Música de Vigo
Cando terá lugar?
Existen dúas quendas dispoñibles: do 6 ao 17 de xullo e do 20 ao 31 de xullo
Que criterios de selección aplicaranse?
Bastará con ter interese e ganas de participar e colaborar. Darase preferencia aos participantes con mellor nota media académica no último curso do colexio ou instituto
Como me inscribo?
Escribe Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo cos teus datos persoais (Nome, apelidos, idade, DNI)
Prezo por quenda: 175 euros
O recadado nesta actividade será destinado a costear os gastos dos estudos de composición musical de Aarón Siebert, ex-alumno do conservatorio de Gondomar, que creou unha campaña fai uns meses para poder pagar as taxas de inscrición na universidade na que foi aceptado