Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

O Centro Cultural de Borreiros acolle inscricións para cursos de cociña internacional e Internet.

Correo-e Imprimir PDF

borreiros cculturalCociña internacional e "A Internet e correo electrónico" son os cursos ofertados. Organizados pola asociación veciñal San Martiño de Borreiros, este cursos conta co respaldo da Deputación de Pontevedra no marco dos programas "Pensa en ti" e "Ti tamén contas" repectivamente. Duración 30 horas.

#Nigrán : Oferta de emprego de Mercadona de Porto do Molle provoca novo efecto viral nas redes.

Correo-e Imprimir PDF

mercadona empregoA oferta aínda non está na web oficial da empresa, pero si nas redes sociais. Veciños do Val Miñor fotografaron os carteis coa oferta da empresa colgados nas ventás deste supermercado en Porto do Molle. Apenas leva uns días, mais xa provocou un efecto viral pola falta de emprego na zona. Os interesados/as deben pasar por este supermercado de Porto de Molle a retirar o formulario de solicitude correspondente.

#Gondomar: Empresarios e concello celebran a “3ª Edición de la Fiesta de la Empanada”.

Correo-e Imprimir PDF

Empanadas gallegas-diversiaBaixo o lema "de la masa a la mesa", a asociación de comerciantes OVALMI e mais a concellaría de Turismo gondomareña organizan a "Fiesta de la Empanada" os días 15 ao 17 de maio. Nesta actividade comercial participarán 15 establecementos hostaleiros da vila e 2 da parroquia de Mañufe. Cada un deles ofrecerá unha variedade de empanada especialidade da casa

A crise do emprego no Val Miñor é maior que nas pasadas eleccións muncipais. A mocidade a máis castigada.

Correo-e Imprimir PDF

En abril de 2011 había 15.292 afiliados á seguridade social en toda a comarca do Val Miñor. Iniciábase daquela a campaña electoral cara ás municipais que finalmente levaría ao Partido Popular a gobernar os tres concellos da bisbarra. O eixe da campaña popular centrábase no compromiso de deter a destrución de postos de traballo a través dunha mellor xestión das polítias de emprego e o manexo dos recursos a tal fin. Catro anos despois a crise do emprego non só non mellrou senón que agravouse baixando a 14.665 o número total de afiliacións á seguridade social. Destas 627 afiliacións perdidas, corresponden 201 a Baiona, 73 a Gondomar e 353 a Nigrán.

Os actuais rexedores defenden os datos xustificando unha falta de competencias no eido municipal e a situación de crise nacional.

BNG exixe a Montoro que cumpra as sentenzas e devolva os cartos a emigrantes retornados de Alemaña

Correo-e Imprimir PDF

davila parlamentoA portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar e unha proposición non de lei na que insta ao Goberno a acatar as sentenzas xudiciais e eximir de tributar aos emigrantes retornados con pensións de Alemaña.

A deputada do BNG empraza ao Executivo a, dado o estabelecido nas sentenzas e segundo o Convenio Bilateral, eximir "a todos os emigrantes retornados de ter que tributar polas pensións percibidas de Alemaña antes do 2013, teñen ou non reclamado nos xulgados".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL