Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A crise do emprego no Val Miñor é maior que nas pasadas eleccións muncipais. A mocidade a máis castigada.

A crise do emprego no Val Miñor é maior que nas pasadas eleccións muncipais. A mocidade a máis castigada.

Correo-e Imprimir PDF

En abril de 2011 había 15.292 afiliados á seguridade social en toda a comarca do Val Miñor. Iniciábase daquela a campaña electoral cara ás municipais que finalmente levaría ao Partido Popular a gobernar os tres concellos da bisbarra. O eixe da campaña popular centrábase no compromiso de deter a destrución de postos de traballo a través dunha mellor xestión das polítias de emprego e o manexo dos recursos a tal fin. Catro anos despois a crise do emprego non só non mellrou senón que agravouse baixando a 14.665 o número total de afiliacións á seguridade social. Destas 627 afiliacións perdidas, corresponden 201 a Baiona, 73 a Gondomar e 353 a Nigrán.

Os actuais rexedores defenden os datos xustificando unha falta de competencias no eido municipal e a situación de crise nacional.

Os datos foron publicados o pasado luns polo Instituto Galego de Estatísticas (IGE) no marco dos informes que trimestralmente dá coñecer este órgano da Xunta de Galicia. Datos que dan por terra as mensaxes de “fin da crise” que chegaban dende os mandos superiores do PP na Xunta de Galicia e o goberno central. O IGE no seu informe permite deducir que dende o primeiro trimestre de 2011(previo ás municipais), até marzo de 2015, Galicia perdeu en total 63.410 cotizantes á seguridade Social.

A mocidade miñorana a máis castigada.

A pegada da crise é grande nos menores de 25 anos, baixando o número de cotizantes nun 34% en todo o Val Miñor. Volvendo a cifras de 2011 só 624 persoas atopábase nesta franxa de idade, agora a alarma debería espertar a urxencia nos programas electorais, pois o número baixou a 415. Son 209 os veciños e veciñas menores de 25 anos que o sistema botou fóra da seguridade social.

Neste preocupante camiño á baixa das cotizacións, Baiona perdeu 71 cotizantes, Gondomar 78 e Nigrán 50.

O medio vaso cheo

O informe estatístico tamén achega que no trimestre anterior, a Decembro de 2014, os números eran aínda máis negativos, con 165 cotizantes menos en toda a bisbarra. Número que elevouse no presente trimestre ás cifras antes indicadas.

Outro aspecto positivo é o incremento do número de mulleres cotizantes. Cifra que aumentou en 64 nestes catro anos. Sendo agora 6732 as mulleres con afiliaión á seguridade social, a marzo de 2015.