O pleno de Zona Franca aprobou onte mércores a compra da Casa do Reloxo por un total de 165.000 euros . A antiga casa do Concello de Baiona até mediados do século pasado, será destinada a un viveiro de empresas tralas reformas necesarias segundo foi informado aos medios. O ben foi adquirido á Tesourería Xeral da Seguridade Social, actual titular do inmoble.
O edificio acollerá un Centro de Iniciativas Empresariais que reforzará na bisbarra o xa existente en Porto de Molle, tamén administrado por Zona Franca. As obras necesarias para remodelar a Casa do Reloxo necesitarán "dunha forte inversión", superior ao valor actual do inmoble, aseguran dende Zona Franca.
O novo viveiro estase a proxectar coa colaboración da Fundación Incyde, e segundo adiantan, para a súa posta en marca se esperan obter fondos FEDER.
Respecto ao patrimonio do consorcio nas inmediacións de Porto do Molle, tamén se acordou a venta ao Concello de Nigrán dunha serie parcelas, con una superficie aproximada de 5.564 m2, ao prezo de adquisición pagado no sueu día polo Consorcio máis a correspondente actualización. Esta venta se realiza para mellorar o acceso ap punto limpo e á depuradora de do municipio, segundo foi explicado no pleno celebrado por Zona Franca.