Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Peitieiros convoca o seu II certame literario en conmemoración do Día das Letras Galegas.

Peitieiros convoca o seu II certame literario en conmemoración do Día das Letras Galegas.

Correo-e Imprimir PDF

-O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros convoca o II Certame literario co obxecto de conmemorar o Día das Letras Galegas
Até o próximo día 3 de maio está aberto o prazo para concorrer ao II Certame Literario convocado polo Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros, que ten por obxecto conmemorar o día das Letras Galegas.

Poderán participar todas as persoas que o desexen, co único requisito de seren veciñas e veciños de Gondomar e presentar unha obra en galego que non exceda as dúas páxinas.
Establécense tres categorías: até os 12 anos, entre 12 e 18 e maiores de 18. O resolución do certame e a entrega de diploma e premio será o día 10 de maio, ás 19 horas, durante o acto que se celebrará no Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros.
No xurado participarán persoas de recoñecido prestixio.