Xoves, 9 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O xornalista David Reinero González recibirá o III Premio de xornalismo Nano C

Correo-e Imprimir PDF

O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e fundador desta entidade cultural.

Nesta Terceira Edición, o premio concedéuselle a DAVID REINERO GONZÁLEZ un mozo xornalista miñorano que une o seu nome ao de consagrados escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín e Francisco Fernández del Riego que o recibiron nas anteriores edicións. No artigo premiado Cando Praia América tiña mil nomes, publicado no xornal Atlántico Diario o luns 23 de febreiro de 2004, faise unha achega a toponimia do areal nigranés en perigo de desaparición, víctima da exótica e simple denominación de Praia América, tal e como lle aconteceu a maior parte do que fora maior areal e complexo dunar da ría de Vigo soterrado baixo toneladas de formigón e asfalto.

Tertulias do IEM con Lidia Senra

Correo-e Imprimir PDF

Foto Galizacig.org

O próximo venres 13 de xaneiro de 2006, ás 20:30 h. no PAZO DA ESCOLA de Mañufe, Gondomar, terá lugar unha nova TERTULIA DO IEM: O autor e a súa obra.

Nesta ocasión estará con nós a labrega, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas, ecoloxista e feminista Lidia Senra
. A importantes achegas desta muller que leva dúas décadas ao fronte do movemento sindical labrego galego están suficientemente contrastadas, pero ademáis Lidia Senra é que de anovar o seu discurso político e sindical e proxectalo non só no ámbito europeo coa súa decisiva participación no proxecto Vía Campesina europea, senón tamén no movemento alterglobalizador salientando as súas criticas á Organización Mundial do Comercio. Ademais o seu feminismo exercido dende un cargo sindical como o que detenta non deixa de ser outro aspecto a destacar na súa actividade social.

TERTULIAS LITERARIAS "QUEREMOS TANTO AOS LIBROS "

Correo-e Imprimir PDF
A LIBRERIA LIBRAIDA e o INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS TERTULIAS LITERARIAS "QUEREMOS TANTO OS LIBROS " - PROPOÑEMOSCHE UN NOVO LIBRO 
13 de Decembro , ás 20:30 horas, na Librería Libraida:

MAR MORTO de JORGE AMADO Con MINA MARX 

Jorge Amado

Avô, mesmo que a gente morra, é melhor morrer de repetição na  mão, brigando com o coronel, que morrer em cima da terra, debaixo de relho, sem reagir. Mesmo que seja pra morrer nós deve dividir essas terras, tomar elas para gente. Mesmo que seja um dia só que a gente tenha elas, paga a pena de morrer".

(Os Subterrâneos da Liberdade - Agonia da Noite)

Camilo Nogueira nas tertulias do IEM

Correo-e Imprimir PDF
O próximo venres 2 de decembro, ás 20:30 h. no PAZO DA ESCOLA de Mañufe, Gondomar terá lugar unha nova TERTULIA DO IEM: O autor e a súa obra. Nesta ocasión estará con nós o enxeñeiro, economista e dirixente nacionalista Camilo Nogueira Román. A presentación do noso convidado correrá a cargo da profesor Carlos Estévez.
Ao remate da conferencia-coloquio celebrarase unha CEA co conferenciante, podendo facer a súa reserva no 629 890 320 ou en resposta a este correo, tendo en conta que as prazas son limitadas. 

Mesa redonda "Lois Tobio" en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Hoxe ás 20 h. na Casa da Cultura de Gondomar Mesa Redonda: Lois Tobío con:
Carlos Nuevo: Tobío e o Seminario de Estudos Galegos
Marga Romero: Tobío traductor
Emilio Insúa: Tobío e o estatuto de Galicia
Fernando Bartolomé: Tobío e o Conde de Gondomar

Modera: Carlos Méixome, director do Instituto de Estudos Miñoranos
Neste acto presentarase o libro Dous embaixadores: Gondomar e Digby . Traballo inedito sobre o Conde de Gondomar de don Lois Tobío

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL