Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Semana da Ciencia 2006 no IES Escolas Proval de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Por segundo ano consecutivo no Instituto de Ensinanza Secundaria “Escolas Proval” de Nigrán celebrarase a 2ª Semana da Ciencia. Nesta ocasión o tema elixido foi “Enerxía nas mans”.

A Semana da Ciencia está organizada por varios seminarios docentes deste centro escolar , así como pola Universidade de Vigo, dentro da rede europea “Hands on Science” e conta coa colaboración dos tres concellos do Val Miñor.

Tertulias do IEM con Franciso Fernández Rei

Correo-e Imprimir PDF

foto xerais.es

Hoxe venres 7 de abril de 2006 ás 20:30 horas no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar terá lugar a conferencia –coloquio catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela FRANCISCO FERNÁNDEZ REI dentro do ciclo AS TERTULIAS DO IEM: O autor fala da súa obra. O noso convidado será presentado pola catedrática de Filoloxía Universidade de Vigo, Camiño Noia Campos

Conferencia . A guerra civil no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
 Amig@s do IEM
O sábado 11 de marzo ás 20 h. no Centro Cultural da parroquia de Baíña, Baiona terá lugar unha conferencia de Xosé Lois Vilar e Carlos Méixome baixo o título de "Da Tomada dos Ineses ata o Mosteiro de Oia pasando pola Volta dos Nove. A guerra civil no Val Miñor".
A conferencia está organizada pola Asociaón Xuvenil e Cultural PEDRA FURADA de Baína.

â??A sanidade galega en tempos de cambioâ?? será o tema a debater nas Tertulias

Correo-e Imprimir PDF

O próximo venres 3 de marzo de 2006 ás 20:30 horas no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar terá lugar a conferencia –coloquio co doutor Francisco L. Vázquez Vizoso dentro do ciclo AS TERTULIAS DO IEM: O autor fala da súa obra. O noso convidado será presentado polo tamén doutor Xulio Castañal. Como ven sendo costume tras a charla-coloquio aberta ao público terá lugar unha cea co conferenciante para a que se pode facer a reserva chamando ao teléfono 680 644 490.
Francisco L. Vázquez Vizoso é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Barrié de la Maza financiará a escavación do xacemento máis antigo de Galici

Correo-e Imprimir PDF
Por Jorge Lamas | La Voz de Galicia  17/02/06

DESCUBERTO EN 1981.
O arquitecto vigués Xaime Garrido atopou fai 25 anos 200 útiles líticos que deron a pista deste xacemento. 
No municipio pontevedrés de Gondomar atópase o xacemento paleolítico máis antigo de cantos se coñecen en Galicia. O próximo verán, un equipo multidisciplinar, formado por especialistas de universidades galegas e madrileñas, comezará unha campaña de escavación que será financiada pola Fundación Barrié da Maza.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL