Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Primeiros Teasers do documental A Volta dos Nove de Antonio Caeiro

Correo-e Imprimir PDF
Foto AVGIAcaban de publicarse en internet os primeiros teasers do documental do director  e guionista miñorán Antonio Caeiro Rodríguez autor dos documentais "Aillados" e  "A memoria nos tempos do wolfram".
En colaboración co Instituto de Estudos Miñorán e a Comisión pola Volta dos Nove, Antonio Caeiro rodou o documental sobre os miñoráns asasinados en Baredo o 15 de Outubro de 1936.
Neste ano da memoria, Antonio Caeiro e o IEM plasmaron e estudaron respectivamente, os feitos acontencidos naquel desgraciado día no que nove homes case todos mariñeiros, foron fusilados en Baredo en represalia pola morte dun falanxista. Dende aquela data, nove cruces aparecían pintadas anonimamente no chan +++++++++ da que pasou a chamarse a Volta dos Nove . Unha cruz por cada un deles.
O documental conta principalmente cos testimonios directos dos familiares das víctimas, e ainda que atópase en fase de postproducción posiblemente conte con recreacións dos feitos desta escura páxina da historia do Val Miñor.

A primeira arte Galega na tertulia do IEM con Xosé Lois Vilar

Correo-e Imprimir PDF
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Galería de Arte Iván Morillas de Sabarís-Baiona reinician a súa programación mensual das tertulias sobre arte agrupadas baixo a denominación de A ARTE E A PALABRA. Nesta ocasión tomará a palabra sobre A PRIMEIRA ARTE GALEGA o arqueólogo e Director da Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos XOSÉ LOIS VILAR PEDREIRA, profundo coñecedor das primeiras manifestacións artísticas coñecidas no interior dos enterramentos neolíticos –mámoas- ou nas insculturas pétreas denominadas petroglifos. O acto terá lugar o martes 19 de setembro ás 20:30 h. na Galería de Arte Iván Morillas (rúa Xulián Valverde, 64, Sabarís, Baiona).

Tertulias literarias en Libraída Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
A libraría LIBRAIDA e o INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS reinician as tertulias "QUEREMOS TANTO OS LIBROS". nesta ocasión falaremos de CONTRA MAQUIEIRO de X.L. MENDEZ FERRIN. Será o 15 de SETEMBRO ( venres ), as 20:00 H, na Librería Libraida, o libro será presentado polo xornalista, escritor e profesor da USC MANUEL OUTEIRIÑO.

En Contra Maquieiro a voz poética de X. L. Méndez Ferrín retorna con toda a súa capacidade expresiva para levar a cabo unha revisión do século XX, desde a Guerra de Cuba até o seu esmorecemento, e érguese nunha bandeira contra o capitalismo, invocando a Razón e o valor para o verso. Desde 14th Street á Pena de Anamán, pasando revista aos acontecementos dun século que entronizou a Maquieiro, o poemario estrutúrase en catro partes longas e fermosas. Premio Losada Diéguez de Creación Literaria, 2006

O barco da Memoria, fin da travesía

Correo-e Imprimir PDF
O mércores día 6 de setembro a travesía do Barco da Memoria chega ao seu fin en Vilagarcía de Arousa. A xornada de pecheconsistirá nun acto no propio barco ás 17.30 horas no que participarán, entre outros, a Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo e o coordinador do proxecto, Dionisio Pereira.

Ás 21.00 horas no Auditorio de Vilagarcía terá lugar o acto de peche cun concerto de A Quenlla coa colaboración de Lorena Lores.

O Barco da Memoria, visitou dezaoito portos desde a súa inauguración en Cambados o pasado 17 de xullo.

Descobren en Gondomar restos da aldea máis antiga de Galicia

Correo-e Imprimir PDF
 
Publicado na Voz de Galicia. A. Martinez

Os arqueólogos cren que o poboado de Chan do Cereixo ten máis de 5.000 anos

Os seus habitantes vivían dentro dunhas murallas ao redor dunha pedra sacra.
Arqueólogos do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) descubriron restos dun poboado duns 5.000 anos de antigüidade na altiplanicie de Chan do Cereixo, no municipio de Gondomar.

Este achado enmárcase dentro da campaña auspiciada pola Fundación Barrié da Maza, dotada cun orzamento de 54.000 euros.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL