Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O cotos de Chaín . Presentación do libro

Correo-e Imprimir PDF
O próximo venres 17 de febreiro de 2006 ás 20 h. no Centro Cultural de Chaín terá lugar o acto de presentación do libro Os cotos de Chaín do que son autoras as profesoras Margarita Miramontes Castro e Purificación González Martínez.
No acto ademais das autoras participará o biólogo, profesor e membro da xunta de Goberno do Instituto de estudos Miñoranos Fernando Lahuerta. O libro editase na colección Os Cadernos do IEM, sendo este o número 10 dos publicados nesta colección.
Ao pasear pola parte alta da parroquia de Chaín, no concello de Gondomar, chama a atención de calquera observador a presenza de numerosos outeiros rochosos, coñecidos aquí como cotos. Non podemos dicir que este tipo de formacións sexan unha rareza nun país granítico como é o suroeste de Galicia; o que os fai singulares é o feito de atopárense en gran número dentro dunha área relativamente pequena, emerxendo entre as casas e os campos dos barrios de Regodagua, Castelo, Igrexa, Pintor e Pedrouco.

Tertulia do IEM con Enrique López Veiga

Correo-e Imprimir PDF
O próximo venres 10 de febreiro de 2006 ás 20:30 terá lugar unha nova TERTULIA DO IEM no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar. Nesta ocasión estará con nós o biólogo, deputado, ex - conselleiro de Pesca e veciño de Vincios (Gondomar) Enrique López veiga quen será presentado polo editor Antón Mascato.

Enrique López Veiga (A Coruña, 1947). Doutor en Biolóxicas pola USC e licenciado en Económicas pola U. de África do Sur. Foi investigador do Instituto de Investigacións Pesqueiras (1972-78).

Entrega do III premio de Xornalismo Nano Cambeiro

Correo-e Imprimir PDF

O venres 27 de xaneiro seralle entregado ao xornalista David Reinero González o III Premio de xornalismo Nano Cambeiro. 
Os actos de entrega do premio, aprazados en sinal de loito pola asasinato da moza de Baredo Águeda González, terán lugar ás 20:30 h. na Capitanía Marítima de Baiona.

O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e fundador desta entidade cultural.

Nesta Terceira Edición, o premio concedéuselle a DAVID REINERO GONZÁLEZ un mozo xornalista miñorano que une o seu nome ao de consagrados escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín e Francisco Fernández del Riego que o recibiron nas anteriores edicións. No artigo premiado Cando Praia América tiña mil nomes, publicado no xornal Atlántico Diario o luns 23 de febreiro de 2004, faise unha achega a toponimia do areal nigranés en perigo de desaparición, víctima da exótica e simple denominación de Praia América, tal e como lle aconteceu a maior parte do que fora maior areal e complexo dunar da ría de Vigo soterrado baixo toneladas de formigón e asfalto.

Aplazamento da entrega do III Premio Nano Cambeiro de Xornalismo

Correo-e Imprimir PDF

Amig@s do IEM
Ante a triste nova do asasinato de Águeda González Portela e como mostra de pesar acordamos suspender os actos de entrega do III Premio de Xornalismo Nano Cambeiro e trasladalos para o venres 27 de xaneiro á mesma hora (20:30) e no mesmo lugar(Capitanía Marítima de Baiona).

TERTULIAS LITERARIAS "QUEREMOS TANTO AOS LIBROS "

Correo-e Imprimir PDF
24 de Xaneiro , ás 20:30 horas, na Librería Libraida , con: MERLÍN E FAMILIA de Álvaro Cunqueiro con Xosé Antón Araúxo

Publicada en 1955, Merlín e familia é a novela fundacional da obra narrativa de Alvaro Cunqueiro ( Mondoñedo,1911- Vigo, 1981 ) .Un universo, único na literatura, xorde nas fascinantes e engaioladaras historias que conta Felipe de Amancia, paxe ao servicio do mago Merlín.En Cunqueiro, a arte das palabras, tinguida polo fino humor, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián. Maxia para o lector.



JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL