Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Xornada da Ciencia no esteito da Foz co IEM

Correo-e Imprimir PDF
O IEM repite as súas actividades na Foz este domingo ás 12:00h , abertas á participación de todas e todos os interesados.
A Semana da Ciencia celébrase en toda Europa e ten por misión darlle unha volta ao coñecemento. Pon o acento en amosarlles máis que en contarlles aos cidadáns como a ciencia inflúe nas súas vidas: dende os trebellos máis simples de andar pola casa até a técnica máis sofisticada.  

O Instituto de Estudos Miñoranos, en colaboración coa Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Innovación e Industria do Goberno Galego, veñén de organiza  a actividade: "A Foz: unha aula ao aire libre". 
A Foz converituse nestes días nun alua ao aire libre que acolleu arredor de 300 alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º de ESO dos IES Val Miñor, Escolas Proval, Auga da Laxe, Covaterreña e 1º de Marzo. 


II CONFERENCIA ANUAL â??DON DIEGO SARMIENTO DE ACUÃ?Aâ??

Correo-e Imprimir PDF
O próximo venres 10 de novembro terá lugar a II CONFERENCIA ANUAL “DON DIEGO SARMIENTO DE ACUÑA” para conmemorar o 400 aniversario do falecemento (2 de outubro de 1626) do Iº Conde de Gondomar.

Esta conferencia anual organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Concellería de Cultura de Gondomar terá lugar na Casa de Cultura da vila do Conde ás 20:30h.

Este ano pronunciará a conferencia o catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela PEGERTO SAAVEDRA FERNÁNDEZ  quen desenvolverá o tema de “O Reino de Galicia en tempos do Conde de Gondomar”.

A Foz do miñor na Semana da ciencia

Correo-e Imprimir PDF
A Semana da Ciencia celébrase en toda Europa e ten por misión darlle unha volta ao coñecemento. Pon o acento en amosarlles máis que en contarlles aos cidadáns como a ciencia inflúe nas súas vidas: dende os trebellos máis simples de andar pola casa até a técnica máis sofisticada. Para lograr isto celébranse arredor dun cento de actividades que buscan azuzar o pensamento, provocar a curiosidade e divertir a un público o máis amplo posible, aínda que os máis novos, e os que conservan un espírito xuvenil, son os máis habituais da Semana da Ciencia.
 >> Descargar manual do curso
Este ano, o tema central da Semana da Ciencia é a neurociencia –con motivo da conmemoración do centenario da concesión do Premio Nobel a Santiago Ramón y Cajal-. Con este pretexto, a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación promove a celebración de máis de 30 actividades directamente relacionadas co tema: exposicións, conferencias, teatro e cafés científicos, baixo o título de "Un mundo na túa cabeza", que percorrerán toda a xeografía galega entre novembro e decembro cun feixe de experimentos, xogos e conversas sobre esa parte tan sorprendente de nós: a mente.

O Instituto de Estudos Miñoranos, en colaboración coa Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Innovación e Industria da
Xunta de Galicia, organiza entre o 6 e o 12 de Novembro a actividade: "A Foz: unha aula ao aire libre".

Unha nova edición das TERTULIAS DO IEM

Correo-e Imprimir PDF
O ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe, a pedagoga Antía Cal e a escritora Teresa Moure entre as personalidades convidadas.

Laxe - Foto Vieiros.comFoto - Edicións Xerais

A primeira das Tertulias será o venres 3 de novembro cunha mesa redonda sobre o ANO DA MEMORIA
Por quinto ano consecutivo o Instituto de Estudos Miñoranos pon en marcha o seu ciclo AS TERTULIAS DO IEM, mantendo o formato que xa é tradicional. Convidamos a unha personalidade relevante da vida cultural, política ou científica galega a falar da súa obra e pasar unhas horas no Val Miñor.

Tertulias do IEM 2006

Correo-e Imprimir PDF
O Instituto de Estudos Miñoranos volve a organizar as recoñecidas xornadas "Tertulias do IEM" onde se dan cita os persoeiros e voces máis importantes po pais nos eidos da cultura, humanidades, política e ciencia.

A primeira das tertulias terá lugar o 3 de novembro adicada ao "Ano da Memoria" e contará coa participación de Telmo Comesaña , Antonio Monroy e Benedita Alonso. Todos eles fillos e filla de asasinados no ano 1936 en plena represión.
A presentación correrá a cargo de Carlos Méixome Historiador e Director do IEM.

Este ano as tertulias contarán ademáis coa presenza de Antía Cal, Francisco Carballo, Francisco Díaz Fierros, Fernando González Laxe, María Reimóndez, Rosa Faraldo Rivas e Teresa Moure.


JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL