Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

ARTE E PUBLICIDADE na galería Iván Morillas de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF
Instituto de Estudos Miñoranos e a Galería de Arte Iván Morillas de Sabarís-Baiona continúan coas súas tertulias que deron en denominar O ARTE E A PALABRA. Nesta ocasión tomará a palabra sobre ARTE E PUBLICIDADE o profesor de Debuxo Técnico e EPV do IES Escolas Proval de Nigrán Xosé Manuel Fachal Sanjurjo. 

O acto terá lugar o xoves 13 de xullo ás 20:30 h. na Galería de Arte Iván Morillas (rúa Xulián Valverde, 64, Sabarís, Baiona).
Con esta iniciativa preténdese dotar ao Val Miñor dun punto de encontro e de debate sobre as actividades artísticas máis variadas.

A escola fusilada

Correo-e Imprimir PDF
Por Carlos Méixome - Publicado na Peneira
Baixo este rótulo, tomado do documental de Daniel Álvarez e Iñaki Pinedo, celebrouse unha homenaxe aos docentes, mestres e mestras, mortos ou represaliados durante a Guerra Civil e a posterior Ditadura.

A homenaxe, organizada polos movementos de renovación pedagóxica co apoio dos sindicatos de ensinantes e a colaboración da Presidencia e das Consellerías de Educación e de Cultura e Deportes, tivo lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela. No acto tomaron a palabra testemuñas vivas e relevantes como Antía Cal, Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo ou Herminio Barreiro Calvete.

A traxedia chega a Tebra

Correo-e Imprimir PDF

Tranvia Vigo Baiona entre o millo


Por Carlos Méixome
Na anterior Chan de Val Verde recuperabamos os nomes de cinco empregados da Compañía de Tranvías de Vigo asasinados na noite, diciamos erroneamente do 22 de setembro do 36, cando en realidade foi na seguinte. A confusión veu orixinada, ademais de pola impericia de quen isto escribe, polos numerosos crimes cometidos en datas moi próximas na bucólica e fermosa parroquia tomiñesa de Santa María de Tebra.

Naqueles días, infortunadamente, viviron xornadas de horror e traballo os veciños de Tebra, de Santa María, que, a ben seguro, atoparon axuda e consolo nalgúns veciños da homónima parroquia de San Salvador. O cemiterio foi un constante ir e vir de xentes traendo cadáveres. No rexistro civil de Tomiño están asentados o día 24 de setembro os tranviarios aos que nos referimos no artigo anterior (José Cabreira Valverde, de Nigrán; Horacio Rouco Álvarez, de Coruxo; Marcelino López Ameneiros, de Lavadores; Álvaro Soliño Araújo, de Teis e Jacobo Barreiro Pereira, de Vigo). Os cinco enterrados no cemiterio de Santa María de Tebra. Non eran os primeiros, nin serían os últimos.

Queremos tanto ao Libros. Tertulia literaria en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Instituto de Estudos Miñoranos e a Libraría Libraida de Gondomar, dentro do seu ciclo QUEREMOS TANTO OS LIBROS organizan a presentación do libro "Discurso e tempo:na procura dun socialismo para Galicia" do que é autor o profesor e dirixente socialista Miguel Barros. 

O libro será presentado polo profesor do IES Val Miñor de Nigrán José Rey Gómez Rodríguez nun acto que terá lugar o venres 7 de xullo ás 20:30 
na Libraría Libraida (rúa Rosalía de Cartro 13, Gondomar) 

Neste acto contaremos coa presenza e intervención do autor Miguel Barros

Mesa redonda sobre o futuro estatuto de autonomía na Capitanía Marítima de Ba

Correo-e Imprimir PDF
Participarán portavoces dos tres grupos parlamentarios
O venres 16 de xuño, ás 20:30, na Capitanía Marítima de Baiona (r/ Elduayen, 21) terá lugar unha mesa redonda acollida baixo a denominación de “Visións para un novo Estatuto”na que participarán portavoces dos tres grupos parlamentarios representados na cámara galega.:
  • IGNACIO LÓPEZ-CHAVEZ CASTRO, deputado do Partido Popular e membro da Comisión para a reforma do Estatuto.
  • ABEL LOSADA ÁLVAREZ, viceportavoz do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE.
  • CARLOS AYMERICH CANO, portavoz do grupo parlamentario do BNG

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL