Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

A Arte e a Palabra con Juan Manuel Castuera

Correo-e Imprimir PDF

Ã?ltimo tren. Lugo 1946

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Galería de Arte Iván Morillas, de Sabarís-Baiona, continúan co seu ciclo de tertulias que denominan A ARTE E A PALABRA.
Nesta ocasión organizan a charla titulada Juan Manuel Castuera." Noticias dun fotógrafo miñorano".
A conferencia, con proxección de fotografías deste excelente artista, será impartida por Ana Castuera, tamén fotógrafa e filla de Juan Manuel Castuera. A presentación do acto será a cargo do editor Antón Mascato.

Esta charla terá lugar o xoves, día 26 de outubro, ás 20.30 horas, na Galería de Arte Iván Morillas (rúa Xulián Valverde, 64) de Sabarís, Baiona.

O Instituto de Estudos Miñoranos quere promover o coñecemento e posta en valor da vida e obra deste singular artista miñorano, para o que inicia con este acto unha serie de actividades ao seu redor.

Emotiva homenaxe aos nove de Baredo en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
O domingo pasado celebrouse a ofrenda froral aos nove veciños do Val Miñor asasinados impunemente fai 70 anos na Bombardeira en Baredo. Dende aquela o lugar é coñecido como A VOLTA DOS NOVE. 

As mans populares riscaron no chan, á beira da estrada, nove cruces que cultivaron a memoria durante décadas. Dende hai un ano á arbore de bronce e os loureiros ideados polo escultor Fernando Casás serven de merecida homenaxe ás víctimas da sublevación fascista.


Ofrenda froral na volta dos Nove

Correo-e Imprimir PDF
O próximo domingo 15 de outubro celebrase o setenta aniversario dun dos feitos máis tráxicos da terrible represión que se iniciou co golpe de estado do 18 de xullo de 1936. Na amañecida daquel día de hai sete décadas foron vilmente asasinados:

Manuel Aballe Domínguez, Felicísimo Antonio Pérez Pérez, Elías Alejandro Gonda Alonso “O Ghonda”, Manuel Francisco Lijó Pérez “O Lijó” , Modesto Fernández Rodríguez “O Rei Chiquito”, Fidel Leyenda Rodríguez, José Rodríguez González “O Pelonio”,
Manuel Barbosa Durán “O Ferreiro do Burgo” , Generoso Valverde Iglesias.

Dende aquela o lugar é coñecido como A VOLTA DOS NOVE. As mans populares riscaron no chan, á beira da estrada, nove cruces que cultivaron a memoria durante décadas. Dende hai un ano á arbore de bronce e os loureiros ideados polo escultor Fernando Casás serven de merecida homenaxe ás víctimas da sublevación fascista.

Queremos tanto aos libros - Memoria de Poeta con Gonzalo Navaza

Correo-e Imprimir PDF
O Instituto de Estudos Miñoranos e a libraría Libraida teñen o pracer de convidarte á tertulia literaria QUEREMOS TANTO ÓS LIBROS. 

Nesta ocasión o profesor Gonzalo Navaza achegaranos a MEMORIA DE POETA de Xosé María Álvarez Cáccamo quen tamén participará na tertulia que terá lugar o martes 3 de outubro de 2006 ás 20:30 h. na libraría Libraída de Gondomar.

Colabora: Concellería de Cultura de Gondomar

Día Internacional da Tradución, dedicado a Lois Tobío

Correo-e Imprimir PDF
O pasado 30 de setembro celebrouse o Día Internacional da Tradución. Neste ano 2006 a Xunta de Galicia dedicou esta xornada a Lois Tobío Fernández, fillo adoptivo do Concello de Gondomar a título póstumo. Como é ben sabido don Lois Tobío dedicou moitos anos da súa vida ao estudo da documentación, nomeadamente das cartas, que conservou do Diego Sarmiento de Acuña, 1º Conde de Gondomar. O pasado 26 de novembro de 2005 tivo lugar o Pleno de Honores do Concello de Gondomar no que lle foi concedido a Lois Tobío o máximo recoñecemento público en presenza da súa filla Constanza.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL