Martes, 3 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Nomeamento de don Lois Tobío Fernández como fillo adoptivo

Correo-e Imprimir PDF
O pleno do Concello de Gondomar do 9 de outubro de 2003 aprobou, por unanimidade e a proposta da alcaldía iniciar o expediente para declarar a don Lois Tobío Fernández como fillo adoptivo de Gondomar recollendo unha proposta neste mesmo sentido da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos de 28 de marzo de 2003. A proposta dicía textualmente:
“ A pesar de que don Lois Tobío Fernández naceu en Viveiro (Lugo) e que a maior parte da súa vida transcorreu fora de Galicia o certo é que coas súas investigacións e publicacións sobre D. Diego sarmiento de Acuña, primeiro conde de Gondomar, o nome da nosa vila é coñecido nos círculos culturais de todo o mundo.” 

ARTE RUPESTRE GALEGA - Os escolares visitan a exposición do IEM

Correo-e Imprimir PDF
Oscar - La Voz de Galicia Decenas de nenos visitaron onte a exposición sobre a prehistoria que está aberta na Capitanía Marítima de Baiona. O arqueólogo Xosé Lois Vilar mostrou aos estudiantes fotografias dos principais achados da bisbarra, mentres que Manuel Ledo realizou unha demostración sobre os costumes dos nosos antepasados.

As xornadas organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos proseguirán mañá con unha conferéncia sobre un caso de esquizofrenia na arte rupestre, a cargo de Antonio de la Peña, do Museo de Pontevedra, ás 20.30 horas.

ARTE RUPESTRE GALEGA: CONSERVACIÃ?N E PATRIMONIO

Correo-e Imprimir PDF

“ARTE RUPESTRE GALEGA: CONSERVACIÓN E PATRIMONIO”  SEMANA DA CIENCIA DE GALICIA, 2005
7-12 NOVEMBRO - CAPITANÍA MARÍTIMA DE BAIONA

Exposición de fotos, calcos e debuxos 
Mañáns visitas escolares
Tardes público en xeral de 18h a 20h

CARLOS BLANCO participará este venres nas TERTULIAS do IEM

Correo-e Imprimir PDF

Como xa é costume, no Pazo da Escola de Mañufe celebrarase este venres, 4 de novembro, a segunda das TERTULIAS do Instituto de Estudos Miñoranos. O acto comezará ás 20:30 h. e nesta ocasión visítanos o actor, autor, director, excelente narrador e moitas outras cousas CARLOS BLANCO que será presentado pola profesora Concha Costas.

O IEM traslada a biblioteca donada por Paco do Rego

Correo-e Imprimir PDF

Francisco del RiegoA biblioteca donada por Francisco do Rego ao concello de Nigrán fai tres anos continua sen poder ser utilizado polo público debido a que o Concello carece dun lugar apropiado para poder gardar os libros. Os exemplares gardabanse en caixas nun aula do coléxio de Maión, pero agora os membros do Instituto de Estudos Miñoranos, encargados da sua custodia, vironse obrigados a trasladálos a un almacén, ao non poder continuar durante mais tempo no centro de ensino por necesidades do enderezo

O IEM espera que o Concello dispoña dun lugar digno onde poder estabelecer definitivamente esta valiosa biblioteca porque a antiga vivenda do conserxe do coléxio Humberto Juanes non lles convence ao estar chea de escombros.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL