Val Miñor - Cultura
Tertulia con UxÃo Labarta
DÃa das letras galegas. XaquÃn Lorenzo
O Instituto de Estudos Miñoranos e a ConcellerÃa de Cultura de Baiona organizan un acto cultural en torno á figura de XaquÃn Lourenzo, a quen se lle dedica este ano o â??DÃa da Letras Galegasâ??, que terá lugar o próximo mércores dÃa 5 de maio ás 20:30 h. na Biblioteca Municipal de Baiona.
O acto consistirá nunha achega á vida e á obra de XaquÃn Lourenzo a cargo do prof. Xilberte Manso e na proxección do documental O carro e o home dirixido, en 1940, por Antonio Román, con guión do director e do mesmo XaquÃn Lourenzo. O filme será presentado pola prof. Ã?nxeles Bouzó.
Aillados e Tempos do volfram, dous documentais de Antonio Caeiro
O venres 23 e o sábado 24, deste mes de abril, poderanse contemplar en Gondomar dous video-documentos do realizador natural desta vila, Antonio Caeiro. O primeiro deles, Aillados, proxectarase o venres 23 ás 20:30 horas no Auditorio Municipal â??Lois TobÃoâ?? de Gondomar.
Aillados, con guión de Xoán A. González, Antonio Caeiro e Clara Mª de Saa , é un traballo de investigación, que se prolongou durante oito anos, trazado cunha metodoloxÃa de historia oral. Ã? a historia do penal da illa de San Simón durante os anos da Guerra Civil española (1936/39), contada polos seus protagonistas. Foi realizado por Antonio Caeiro a partir de horas e horas de gravación onde se reflicten a emoción e a traxedia daqueles anos que deron lugar a este vÃdeo dunha hora de duración.
Tertulia con Antón Seoane
O próximo venres 16 de abril ás 20:30 horas no Hotel BahÃa de Baiona, e dentro do ciclo As Tertulias do IEM: o autor e a súa obra, intervirá o médico psiquiatra e músico do grupo MILLADOIRO, ANTÃ?N SEOANE. O conferenciante será presentado por Xabier Groba, profesor de música e membro do CE Maúxo.
Ao remate da conferencia-coloquio terá lugar unha cea co conferenciante na que será presentado o viño Serra da Estrela da D.O. RÃas Baixas, pertencente a BODEGAS COUTO. A reserva para asistir á cea (15 euros) pódese facer no 629 890 320.Asociación de Amigos de Lisboa
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL