Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

A Feira Imaxinaria fica no Val Miñor na súa VI edición.

Correo-e Imprimir PDF

ORGANIZACION FI2015A FEIRA IMAXINARIA chega á súa sexta edición acollendo a persoas e organizacións autónomas conectadas en todo o territorio rexional da Galiza e o Norte de Portugal.
Como cada ano discorre no espazo vigués do Alg-aLab (Valadares) e se suma nesta edición o espazo nigranés da Casa Colorida.

O encontro terá como fin acoller a "persoas, colectivos e proxectos que se van encontrar arredor de vivencias, acampada, xantares, rodas de conversas, debates, festa, mostra cultural e artes interactivas, escénica, musical, audiovisual, obradoiros, e mercado de autoedición editorial"-.

Attachments:
File
Download this file (Fi2015.pdf)FI2015

Cunha imaxe xeitosa da túa viaxe podes gañar unha tablet . #Gondomar #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

chain cotosAs OMIX de Gondomar e Baiona convocan á 9ª edición do Certame de Fotografía Viaxando.

Un ano máis bota andar o Certame de fotografía Viaxando, este ano na súa 9ª edición. Concurso destinado a mozos de 12 a 35 anos que terán tempo até o vindeiro 23 de outubro para presentar imaxes coa temática do lema do certame "Viaxando".

O Moura Rock acenderá por décima vez os Cotos de Chaín. #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

publicovXa chega o Moura Rock! Dez edicións que o converten nun clásico dos festivais rockeros de Gondomar e todo o Val Miñor. Feito na parroquia dos cotos inmensos pendurados cara o val, as bandas, especialmente da zona, escalan cada ano cara o recinto de festas da Merced para ofrecer o mellor do seu repertorio.

Este ano toca a Akarakan (Vincios), Kalambrazo (A Carrasca), Demencia Sonora (Freixo) e Hypons Day (Cangas), alumear a noite deste sábado 29 de agosto.

Conxuntos de Segovia e Ciudad Real animarán o XIX Festival Folclórico de Baíña

Correo-e Imprimir PDF

danza villa cuellarAgrupación de Danzas Villa de Cuéllar (Cuéllar – Segovia), Grupo Coros y Danzas Nazarín (Miguel Turra – Ciudad Real) e a anfitrioa Airiños da Lagoa conforman a carteleira da 19ª edición do Festival Folclórico de Baíña.

Comeza en Peitieiros o XXII Festival Folclórico Internacional

Correo-e Imprimir PDF

ecos agarimos2Este sábado 22 de agosto, ás 20 horas, o Centro Cultural de Peitieiros, Gondomar, celebra o XXII Festival Folclórico Internacional.

Nesta edición abrirá o grupo anfitrión, Ecos e Agarimos, que como en todas as edicións será o responsábel de iniciar o Festival. Ecos e Agarimos, cunha traxectoria de máis de vinte anos, é a escola de música e baile tradicional da parroquia.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL