Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Presentado o novo digalego.com con máis de 65.000 entradas

Correo-e Imprimir PDF

digalegoO conselleiro de Cultura destaca o paso para o idioma que significa o poder acceder gratuitamente e desde calquera lugar a este dicionario.
Galicia xa ten un dicionario galego máis actualizado. Trátase do Digalego.com, enciclopedia online que conta con máis de 65.000 entradas e foi editado pola Editoria "Ir Indo", que coordina Bieito Ledo.

Para "promover" a lingua galega a Xunta de Galicia outorga 1,7 millóns de euros aos medios en castelán.

Correo-e Imprimir PDF

axudas xunta medios 2015O importe distribúese entre 17 empresas xornalísticas que non utilizan a lingua propia do país ou o fan de xeito residual. Iso a pesar que a convocatoria que regula esta subvención especifica que o seu obxecto é defender: "a identidade de Galicia e os seus intereses, a súa lingua, a súa cultura e, en xeral, a galeguidade entendida como vínculo histórico dos galegos de dentro e fóra de Galicia" .

As campañas publicitarias institucionais da Xunta quedan ao marxe destas axudas, polo que os importes totais que reciben anualmente estes medios vese incrementado sen que exista aínda unha lei que regularice ese reparto de diñeiro público por criterios técnicos  e concorrecian competitiva.

O Nacemento Vivente de Gondomar terá lugar o domingo 27 no Parque da Coelleira.

Correo-e Imprimir PDF

belen gondomar 2015Un ano máis numerosos voluntarios traballaron a reo para construír toda a escenografía do Nacemento Vivente, no que o Concello de Gondomar e a Asociación das Mulleres Rurais participan activamente na súa realización.

Faladoiro sobre o afundimento do Aslaug

Correo-e Imprimir PDF

misericordia iemNa noite do 24 de decembro para o día de noiteboa de 1929 no Poste do Norte dos Carallóns bateu o mercante noruego Aslaug-Haaland, afundiuse e morreron todos os seus tripulantes.

O instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e a Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona inicia unha colaboración para encher de actos culturais a Capela da Misericordia.

Comeza cunha charla de Xosé Lois Vilar Pedreira ás 18h. do día 25 de decembro, para falar do afundimento do Aslaug o mesmo día de hai 86 anos. Tamén se falará dos naufraxios do T.H. Skogland no ano 1923 e do Highland Pride o 9 de setembro de 1929.

O Museo provincial de Pontevedra organiza un concurso fotográfico de espazos históricos.

Correo-e Imprimir PDF

museo pontevedra"Obxectivo Pontevedra" leva á rúa o aniversario da fundación do Museo. Trátase dun concurso fotográfico, aberto a toda a cidadanía, que se desenvolverá o 30 de decembro, coincidindo coa data do aniversario da fundación da institución museística da provincia
Co obxecto de conmemorar o aniversario da fundación do Museo provincial o vindeiro 30 de decembro terá lugar un concurso fotográfico aberto a toda a cidadanía. As persoas participantes, sen límite de idade, deberán localizar cinco espazos da zona histórica de Pontevedra retratados polos debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra e fotografar eses lugares, tratando de reproducir, o máis fielmente posible, o encadre do debuxo orixinal.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL