Domingo, 25 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Conxuntos de Segovia e Ciudad Real animarán o XIX Festival Folclórico de Baíña

Conxuntos de Segovia e Ciudad Real animarán o XIX Festival Folclórico de Baíña

Correo-e Imprimir PDF
danza villa cuellar

Agrupación de Danzas Villa de Cuéllar (Cuéllar – Segovia), Grupo Coros y Danzas Nazarín (Miguel Turra – Ciudad Real) e a anfitrioa Airiños da Lagoa conforman a carteleira da 19ª edición do Festival Folclórico de Baíña.

Organizada como sempre pola Asociación Folclórica Airiños da Lagoa, o encontro telúrico terá lugar o vindeiro sábado 5 de setembro ás 22 horas na praza do Concello de Baiona.

En caso de mal tempo, a organización anuncia o traslado ao Auditorio Municipal V Centenario. Colabora o Concello de Baiona.