Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Xulián Maure asume a nova dirección do Instituto de Estudos Miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF

A Asemblea Xeral de Socios do Instituto de Estudos Miñoranos, reunida este venres en sesión extraordinaria procedeu á elección da Dirección e a nova Xunta de Goberno que rexerá a asociación.

Nese senso presentouse unha única lista nas formas e prazos establecidos polos estatutos da asociación a que obtivo o apoio unánime dos socios presentes.

A Asociación San Vicente bota andar a II Mostra de Teatro afeccionado “Mañufe Levanta o Telón”.

Correo-e Imprimir PDF

centro-cultural-manhufeA mostra de teatro afeccionado “Mañufe Levanta o Telón” bota andar dende este sábado 3 de outubro até finais de mes, na que será a súa segunda edición organizada pola Asociación Cultural San Vicente.

 Nesta, o encontro teatral permitirá asistir aos últimos traballos escénicos dos grupos independentes das parroquias de Borreiros, Valadares, Matamá, Beade e da anfitrioa “Xente daquí e dacolá”, que presentará obras das formacións infantís e adultos.

O próximo luns, 5 de outubro, comezan as actividades de Espazo Lectura.

Correo-e Imprimir PDF

casa-da-lectura-2O Contomar, o contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias, inaugurará a nova tempada o luns 5 de outubro, a partir das 6 da tarde na Biblioteca de Gondomar.

Dentro da programación infantil, o mércores 7 de outubro, tamén ás 6 do serán, a Casa da Lectura inicia tempada cunha sesión especial que correrá a cargo da actriz e contacontos Charo Pita, destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias.

Inaugúrase “Auga e lume”, de Alberto Casuso na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF

AlbertoCasuso2O vindeiro venres 25 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a inauguración de "Auga e lume", do plástico Alberto Casuso. A mostra será presentada polo artista Ramón Trigo na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar .

A exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres de 19 a 21 horas até o 20 de novembro. Trala presentación compartirase unha copa de viño e unhas roscas co autor da obra, xentileza da Adega Terras Gauda e a Panadería Copena de Gondomar.

Pro Lingua denuncia a exclusión da lingua do país da XV Xuventude Galicia Net

Correo-e Imprimir PDF

portal-galicia-netEstes días está a celebrarse en Silleda a maior party informática galega, o Xuventude Galicia Net., que a pesar de levar na cabeceira o nome de Galicia, o galego está ausente de todo o demais.

"De querérmonos inscribir, non podemos facelo en galego; de consultarmos as normas do encontro ou de conectármonos ao seu streaming, unha e outra vez a mesma canción: só castelán", denuncia ProLingua.

Engade que a exclusión da lingua do país tamén ten lugar no portal de Xuventude Galicia Net, "nada de galego, e o mesmo podemos dicir das redes sociais ligadas ao evento".
Matizan que aA exclusión do galego non se deu ata agora, como pode verse no timeline do facebook ou do twitter das anteriores edicións para comprobalo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL