Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O colaborador de Cuarto Milenio, Antonio Piñeiro, presenta a novela “El trono Maldito”. #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Antonio-Pinero-Jesus-proclama-feminista MDSVID20140216 0067 7A Capitanía Marítima de Baiona acollerá a presentación da novela histórica El trono maldito, contextualizada na época de Xesús de Nazaret. A obra, recentemente publicada polos catedráticos José Luis Corral (Historia Medieval, Zaragoza) e Antonio Piñeiro (Filoloxía Clásica, Complutense de Madrid), será presentada por este último o vindeiro xoves 13 de agosto ás 20:30 horas.

Bota andar a 6ª edición da Feira Imaxinaria “Fi2015”

Correo-e Imprimir PDF

casaColoridaAs actividades centraranse en Nigrán e Vigo (Valadares).

Abren inscricións para interesados en formar parte da programación e tamén para asistir aos cursos de Xestión Cultural e Comunicación 2.0 que fornecerán o encontro .

Sinalan que esta sexta edición da Fi2015 estará enmarcada no "Coñecemento como eixo artellador do encontro e pensando o seu artellamento entre o popular e o académico".

Música tradicional, obradoiros e unha andaina nocturna propón Peitieiros na Semana Cultural.

Correo-e Imprimir PDF

ecos agarimosO vindeiro sábado 22 de agosto, ás 20 horas, o Centro Cultural de Peitieiros, Gondomar, celebra o XXII Festival Folclórico Internacional. Como xa se fixo o ano pasado, como actividade previa ao Festival Folclórico, celébrase a Semana Cultural que comezará o domingo 16.

Semana Cultural
O domingo 16 ás 12:00 será o acto de inauguración do XXII Festival Folclórico e da III Semana cultural coa proxección do vídeo As nosas festas de alá e a inauguración dunha mostra de pintura e escultura coa presenza dos artistas. O documental As nosas festas de alá, restaurado polo Arquivo da Emigración Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe, foi realizado en 1928 con financiamento da "Unión de Hijos de Morgadanes" de Montevideo. O vídeo mostra imaxes de Peitieiros no ano 1928.

Son da Rúa encheu de alegría o inicio das festas de San Lourenzo de Belesar. #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

lourenzo belezarSon da Rúa deixa pegada na primeira celebración do seu festival na parroquia de Belesar. Centos de veciños e visitantes acudiron ao longo do día a visitar os postos de artesáns e produtos locais que ofreceu o encontro cultural co que deu comezo a festividade local de San Lourenzo.

Cedo a festa espallouse tamén polas redes. "Preparado o palco, postiños artesáns, e musiquiñas tradicionais de mañá para dar paso a Jam Sesion da tarde que abre ás 16:30 e seguirá con teatro e os concertos dos grupos de música ata ben tarde á noite!".

A Coral Stella Maris destacou na noite do III Festival de Verán celebrado no Torreiro de Priegue.

Correo-e Imprimir PDF

coral priegueA Coral Stella Maris de Priegue destacou coas súas voces na noite do sábado. No transcurso do III Festival de Verán o Centro Recreativo e Cultural O Torreiro de Priegue abarrotouse de público que seguiu o concerto.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL