Impúxose a un total de 51 propostas presentadas nun certame que salientou pola súa calidade e récord de participación
O ilustrador coruñés Carlos Arrojo resultou o gañador do Concurso de Carteis Quin Alborés que convoca o Concello de Nigrán coa súa proposta "Gramófono". O traballo, premiado con 500 euros, será o que se empregue para a difusión do festival nesta décima edición. O xurado destacou na súa valoración o seu "impecable traballo de maquetación e ilustración" e o seu gran "detallismo". Precisamente, Arrojo, un dos máis recoñecidos ilustradores do panorama galego, xa foi o gañador na edición de 2012.