Xoves, 20 Jun. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Cunha imaxe xeitosa da túa viaxe podes gañar unha tablet . #Gondomar #Baiona

Cunha imaxe xeitosa da túa viaxe podes gañar unha tablet . #Gondomar #Baiona

Correo-e Imprimir PDF
chain cotos

As OMIX de Gondomar e Baiona convocan á 9ª edición do Certame de Fotografía Viaxando.

Un ano máis bota andar o Certame de fotografía Viaxando, este ano na súa 9ª edición. Concurso destinado a mozos de 12 a 35 anos que terán tempo até o vindeiro 23 de outubro para presentar imaxes coa temática do lema do certame "Viaxando".


O tamaño das fotografías debe ser de 20 x 30 cm. O premio consiste nunha tablet.

O concurso está organizado conxuntamente polas Oficinas Municipais de Información Xuvenil de Baiona, A Garda, Gondomar, O Rosal, Tomiño, Salceda de Caselas, O Porriño e o Espazo Xove de Tui.

Para máis información, retirar as bases do concurso e presentación de fotografías, nas OMIX do Concello de Baiona e Gondomar, teléfono 986385925.