Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Fun Home de Alison Bechdel este martes en Lecturas Debuxadas na Biblioteca de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

fun_homeportadaA asociación Espazo Lectura celebra este martes 18 a sesión de xaneiro do club de lectura de cómics Lecturas Debuxadas. Nesta ocasión, a lectura sobre que vai xirar a actividade é Fun Home, una familia tragicómica, cómic autobiográfico da autora americana Alison Bechdel.

A TERTULIA do IEM con Xosé González Martínez cambia para o venres 21 de xaneiro.

Correo-e Imprimir PDF
Xose González Martínez

O Instituto de Estudos Miñoranos informa que a TERTULIA que estaba programada para o 14 de xaneiro de 2011 con Xosé González Martínez, Presidente da Fundación "Premios da crítica de Galicia" cambia para o venres 21 de xaneiro ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar (Avda. da Feira Nº10, baixo).

 

O escritor Cid Cabido falará da súa última novela no club de lectura Sete Vidas de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

unhahistoriacidcabidoO martes 11 de xaneiro, celébrase unha nova xuntanza do club de lectura Sete Vidas organizado pola asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión, a novela escollida é Unha historia que non vou contar do autor Cid Cabido. Será na Biblioteca de Gondomar a partir das 20.00 horas. A partir das 21.00h o propio autor, Cid Cabido, achegarase para compartir as impresións dos lectores e lectoras sobre o libro.

. Máis de cen rapaces participarán na “Tercera Edición del Torneo Escolar de Tenis” de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

pelota_tenisMáis de cen nenos participarán na “Tercera Edición del Torneo Escolar de Tenis” de Gondomar que terá lugar mañá domingo a partir das 9 horas nas instalacións do IES Auga da Laxe (Gondomar) e no Pavillón de Deportes Municipal. As categorías incluídas no torneo son “prebenjamín”, “benjamín”,” alevín” e” infantil”.

A Comunidade de Montes de Peitieiros presenta o seu libro de fotos antigas: MEMORIA DE PEITIEROS.

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe do libro

A Comunidade de Montes en Man Común de Peitieiros ven de editar un volume de fotografías antigas da parroquia acompañadas de textos, titulado MEMORIA DE PEITIEIROS. O vindeiro sábado día 8 de xaneiro, ás 19h terá lugar a súa presentación no local do Centro Cultural Recreativo, no adro de Peitieiros.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL