Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Exposicións, conferencias e música dan a benvida a Festa da Arribada 2011en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
Ás 19 horas o Alcalde de Baiona Jesús Vázquez Almuiña presidirá a Recepción de autoridades na Arribada 2011.

A Festa da Arribada estreará oficialmente mañá venres o seu título de "Fiesta Nacional de Interés Turístico" coa realización do acto de Recepción de autoridades, a inauguración de varias mostras, conferencias e un concerto musical. Dende as 19 horas os actos o Casal do Reximento (edificio do Concello), a Capitanía Marítima, a Casa Carvajal e mais o Auditorio V Centenario de Baiona.

Entroido Gondomar: Máis de 1000 rapaces desfilarán a partir das 11 h polas rúas da vila.

Correo-e Imprimir PDF

Máis de 1.000 rapaces de todos os centros escolares de Gondomar participarán mañá venres, a partires das 11.00 horas, no tradicional desfile escolar “Marcha coa túa máscara”, punto de saída ás celebracións do Entroido do municipio. A marcha partirá do Pavillón Municipal e discorrerá pola Avda. De Elduayen, Ángel Urzáiz, Párroco J. Mariño, M. Losada, San Bieito e baixará de novo pola rúa Eduardo Iglesias. Na actividade participarán institutos de secundaria (Auga da Laxe e Terra de Turiono), así como os centros escolares Chano Piñeiro, Neira Vilas, Colexio Rural Agrupado Antía Cal. Na marcha tamén participarán os máis pequenos, os alumnos dos centros de educación infantil Galiña Azul e da Escola Unitaria de Mañufe.

Entroido Nigrán: Concurso de comparsas e festa popular coa actuación do grupo “Aramio”

Correo-e Imprimir PDF
O entroido de Nigrán celebrarase o sábado 5  dende as 17,00 dende o Campo das Redes de Panxón

O entroido de Nigrán 2011 celebrarase o sábado 5 de marzo dende as 17,00 dende o Campo das Redes de Panxón cun percorrido que levará ás nove comparsas participantes ao longo da Rúa arquitecto Palacios ata chegar ao Pavillón de deportes de Panxón enchendo de cor, música e festa o Concello de Nigrán.

A escritora viguesa An Alfaya fala da súa última novela na Biblioteca de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

areaquenteO martes 1 de marzo a asociación de fomento da lectura Espazo Lectura celebra unha nova sesión mensual do club Sete Vidas na que se falará da novela Areaquente (Ed. Sotelo Blanco, 2009), da escritora viguesa An Alfaya. A cita será, coma sempre, a partir das 20.00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. A partir das 21.00 horas, a autora da novela participará da sesión para falar sobre a súa obra cos lectores e lectoras que participen neste club.

A programación do Entroido de Gondomar inclúe como novidade un festival de música electrónica

Correo-e Imprimir PDF
Ata 6 djs da comarca participarán na actividade, o venres 4 de marzo pola noite.

A Concellaría de Cultura de Gondomar anuncia como principal novidade para os festexos do Entroido municipal a celebración do I Festival Dj Concello de Gondomar. A Concellaría dirixida por Ignacio Troncoso informa que esta iniciativa ten por obxectivo "apostar por actividades de interese para a mocidade, co obxectivo de implicar á mocidade de Gondomar na vida cultural do municipio". O festival terá lugar no Pavillón Municipal o venres 4 de marzo, a partires das 23.00 horas. Participarán Actualmente solo Miguel Sio (Privèe-Vigo), Jesu Nuñez y Joseph Weil, habituais de Pause&Play (Tui), Paradise (Tui), Etnias (Vigo), Sala Zona (Bueu), Wamba (Porriño), Montesol (As Neves), Dj Gabi e Dj Martin. Por último, o guitarrista e solista Rubén de Lis presentará o seu proxecto Guitar House Project.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL