Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

O arqueólogo Xosé Lois Vilar amosará a riqueza arqueolóxica e cultural da parroquia de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe petroglifo Auga da Laxe. Foto: vigoarqueologico.blogspot.com

A Chan das Moutas, A Cama da Moura ou O Outeiro da Cruz do Morto son nomes que indican lugares, espazos que forman parte da identidade da parroquia de Morgadáns. De todos eles e mais das achegas que a arqueoloxía fixo das diferentes culturas que deixaron a súa pegada na zona, será o tema da charla a cargo do experto do Instituto de Estudos Miñoranos  o arqueólogo Xosé Lois Vilar. O coloquio será o próximo sábado 12 de febreiro na Escola de Prado, no barrio de Prado, parroquia de Morgadáns (Gondomar). A xuntanza comezará ás 19 horas e está organizada pola Asociación Cultural de San Roque de Morgadáns.

Mackinstation presenta o espectáculo “Tony Lomba y su atril”

Correo-e Imprimir PDF
tony_lombaMackinstation, a antiga estación do tranvía da Ramallosa presentará o espectáculo do cantante Tony Lomba este venres as 23 horas. Entradas anticipadas a 6 euros.

O teólogo Victorino Pérez Prieto falará do Movemento Cristián Galego esta noite no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
Hoxe ás 20:30 horas TERTULIA do IEM có teólogo Victorino Pérez Prieto.

"O Movemento Cristián Galego. Unha Igrexa que existe e resiste" e o título da TERTULIA do IEM que esta noite terá por protagonista ao teólogo Victorino Pérez Prieto. A presentación do faladoiro estará a cargo do crego salesiano Xabier Blanco. A TERTULIA comeza ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira 10, baixo, Gondomar).

Presentación do disco Paxariños da Rúa de Aréma na libraría Libraida.

Correo-e Imprimir PDF

 

A libraría Libraida invita a presentación do disco Paxariños da Rúa, un traballo musical de Aréma para todo público. O concerto celébrase o venres 4 de febreiro ás 18:30 en Libraida na rúa Rosalía de Castro nº13, Gondomar.

Espazo Lectura: O éxito francés “A elegancia do ourizo” centra a sesión do Sete Vidas

Correo-e Imprimir PDF

a-elegancia-do-ourizoO martes 2 de febreiro celebrarase a sesiónmensual do club Sete Vidas centrada na lectura do éxito literario da escritora francesa Muriel Barbery A elegancia do ourizo (Galaxia, 2008). A cita será, coma sempre, a partir das 20.00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL