Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Este sábado Doc Magoo's no Café Clandestino.

Correo-e Imprimir PDF
1299-f-magoosEste sábado á media noite Doc Magoo's enche de música rock as instalacións de Café Clandestino, na Ramallosa. Doc Magoo's é un grupo que interpreta fundamentalmente clásicos do rock dos sesenta esetenta, como The Who, ZZ Top, Bob Dylan, Jimmi Hendrix, Cream, Creedence clearwater revival, Neil Young o T-Rex. A entrada é de 2 euros.

Teatro, exposicións fotográficas e cine para conmemorar o Día da Muller Traballadora en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

cartel-mulleresCoa inauguración da mostra fotográfica "Miña nai traballa" e a presentación da obra de teatro "A visita da vella dama", amabas as dúas nas Escolas Proval, a Concellería de Igualdade de Nigrán continúa cos actos pra conmemorar o Día Internacional da Muller. A partir das 19:30 horas na aula mulitiusos das Escolas Proval estará aberta a exposición fotográfica que amosan a muller traballadora de Nigrán de hoxe. A mostra de carácter colectivo está realizada por alumnas e alumnos dos colexios públicos do concello. Logo, ás 20:30 horas o grupo Vichelocrego Teatro representará "A visita da vella dama", de Friedrich Dürrenmatt.

O Carrabouxo protagonizará a TERTULIA do IEM do mes de marzo.

Correo-e Imprimir PDF
o-carrabouxoO próximo venres 11 de marzo terá lugar a TERTULIA do IEM con Xosé Lois González, "O Carrabouxo". O convidado será presentado polo profesor e escritor Alfonso Álvarez Cáccamo. O faladoiro dará comezo ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, Baixo, Gondomar). Ao remate do faladoiro haberá unha cea co convidado que terá lugar no Pazo da Escola na parroquia de Mañufe (Gondomar), para asistir á mesma é necesario facer reserva ao teléfono 986 360 575 (polas tardes) ou no móbil 680 644 490.

O fotógrafo miñorano José Sola presenta a súa mostra "El principio del fin" no restaurante Le Crep e

Correo-e Imprimir PDF

cartel-joseA seu regreso a súa vila natal o fotógrafo baionés José Sola prepara a inauguración da súa mostra fotográfica "El pincipio del fin", programada para este próximo venres 11 de marzo no restaurante Le Crep da Vila Real. Logo dunha aventura profesional pola cidade de Condal, Sola confesa que se algo botou de menos na súas viaxes fóra das Rías Baixas foron os seus luscofuscos. "El principio del fin" do día cobra especial formato nesta terra singular, afirma. "Cando o sol se funde co mar, adquire no ceo unhas cores imposibles de atopar noutros lugares".

Martes de Entroido en Gondomar: festa infantil e verbena nocturna.

Correo-e Imprimir PDF

entroido-gondomarA Praza da Alameda acollerá mañá martes de Entroido unha gran festa infantil, con talleres e animación para todos os nenos. A actividade incluirá un desfile de disfraces dos nenos e nenas que acudan disfrazados. Haberá chocolate con churros de balde para todos os participantes. Será a partires das 16.30 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL