Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

O Club de Lectura Lendo Contigo dedica unha sesión a saber que é e como se fai un libro

Correo-e Imprimir PDF
Cama e conto, de Gonzalo Moure centrará a sesión do Club de Lectura Compartida Lendo Contigo.

Mañá  sábado 26 de febreiro terá lugar a sesión mensual do Club de Lectura Compartida Lendo Contigo, dedicado a nenos e nenas de 8 a 12 anos, e seus pais e nais, e organizado por Espazo Lectura. Nesta ocasión, o libro que centrará a sesión é Cama e conto (publicado por Edicións Xerais), do escritor valenciano Gonzalo Moure.  A partir desta historia, que reflexiona sobre a importancia da lectura en familia dende a infancia, a sesión afondará no mundo do libro: que é un libro, a evolución do formato libro ao longo da historia, a autoría e tradución, a edición e distribución, o prezo do libro, etc. A cita é o sábado ás 12.00 horas na Biblioteca de Gondomar.

Festa reivindicativa pola Serra do Galiñeiro esta tarde- noite na Taberna Marrucho.

Correo-e Imprimir PDF

galineiro_rgb_bajaActividades para cativos, circo, recital de poesía, monólogos, música en vivo cea e baile, todo isto hoxe a partir da cinco da tarde na Taberna de Marrucho, na Percibilleira (Baiona). Cunha entrada de 5 euros se poderá gozar de tódalas actividades organizadas co fin de recadar fondos para á defensa da Serra do Galiñeiro. A "festa reivindicativa" está organizada polo Colectivo Berra, membro da Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro.

Blues en vivo este venres no Café Clandestino, na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

coll--crowBlues en vivo este venres na Ramallosa co proxecto do armónica Marcos Coll e mais o guitarrista Peter Crow. O novo proxecto do harmónica Marcos Coll (Os Reis do K.O.), quen esta vez se sobe ao escenario con Peter Crow C (tamén coñecido como Peter Krause), lider do grupo The Weed Whackers (grupo que mestura como poucos blues, jazz e folk negro de preguerra).

Marta Quintana presentará o seu disco "Amable" na Aula de Cultura Ponte de Rosas no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz-Marta_IEM-2-CustomHoxe martes 22 de febreiro, as 20:30h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira 10 b., Gondomar) a arpista Marta Quintana, presentará Amable, o seu último disco. Neste traballo discográfico foron compañeiros de viaxe Cuchús Pimentel, Xurxo Varela, Suso Feixón, Marcos Campos, Marcos Padrón entre outros músicos; como técnico de gravación Bernal Álvarez e na mestura dixital Javier Abreu en Océano Studio, de Nigrán.

Este sábado, Concerto-Espectáculo Teatral "A Nena e O Grilo" en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Concerto-espectáculo teatral

Dentro do programa En clave de conto da campaña Bocaberta da SXPL, o sábado 19 de febreiro o auditorio Lois Tobío de Gondomar acollerá o concerto-espectáculo teatral " A nena e o grilo", baseado no libro-CD homónimo editado pola editorial OQO. O concerto comezará a partir das 12.00 horas e estará organizado por Espazo Lectura.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL