Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Andaina “Camiña e Saborea Nigrán”.

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe da anterior andaina As concellarías de Turismo e Cultura de Nigrán organizan para este domingo 27 de marzo a segunda xornada do programa "Camiña e Saborea Nigrán". Con saída ás 10 da mañá dende a praza do Concello a andaina desenvolverase pola senda do Río Muiños e pola zona de Porto de Molle. A ruta é de dificultade media e de 10 kilómetros aproximadamente.>

A comedia “Frantasmas”, mañá venres no Auditorio Municipal Lois Tobío

Correo-e Imprimir PDF

teatro_frantasmasGondomar inicia o programa do fin de semana de celebración do Día Mudial do Teatro este venres coa obra "Frantasmas" no auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Un antigo casarío de estilo victoriano reproducido a gran formato é a nosa cámara dos horrores particular… unha espectacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chimeneas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan aos inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos. Esta é a proposta de “Frantasmas”, a comedia da compañçía Acontrabutaca que inaugura mañá venres a fin de semana de celebración do Día Mundial do Teatro, que terá lugar o domingo.

A obra está co-dirixida por David Ottone de Yllana, a compañía de referencia do humor estatal. Xosé Lueiro asina a dirección e os tres “frans” Fran Ameixeiras, Fran Campos e Fran Rei conforman o elenco. Tratase dun espectáculo cunha coidada escenografía e cun sinxelo e fresco humor que pretende abrir unha nova liña facer comedia en Galicia. Un asesinato, un detective e unha misteriosa casa que nos levarán ao final máis espectacular e divertido dos últimos anos, onde o público terá un papel fundamental. A función será ás 22.00 horas. O prezo da entrada é 3,5 euros e véndense desde unha hora antes na taquilla do Auditorio.

O sábado 26 será a quenda dunha das compañías máis aplaudidas en Gondomar, Fulano, Menga e Citano e “Viva a Crise” (22.00) , mentres que o domingo a compañía santiaguesa Talía porá en escena a versión teatral de “Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe en Milán (e van sen un can)” (18.00), baseada no mesmo libro infantil de Roberto Salgueiro. O libro é unha lectura recomendada nos estudos de primaria.

A programación de teatro do Concello de Gondomar conta coa colaboración da Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

A obra dará comezo ás  22h. e a entrada custa 3.5 euros.

Continúa o ciclo de cine alemán "Lois Tobío na República de Weimar" na sede do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

Sinfona-de-BerlnBerlín sinfonía dunha gran cidade (Die Symphonie der Großstadt) de Walter Ruttman, será o próximo título a exhibir no ciclo de cine "Lois Tobío na República de Weimar" organizado polo IEM e mais a Fundación Vicente Risco, coa , colaboración do Goethe Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo. A proxección terá lugar o próximo xoves 24 de marzo ás 20:00h na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda da Feira Nº10 baixo, Gondomar.

O club Lecturas debuxadas amósanos a realidade de Corea do Norte vista polo canadiano Delisle.

Correo-e Imprimir PDF

pyongyang01gNova cita co club de cómic Lecturas Debuxadas da Asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión, o cómic que centrará a charla será Pyonyang, de Guy Delisle, publicado por Astiberri. Será na Biblioteca Municipal de Gondomar este martes 22 de marzo a partir das 20.00 horas.

Concerto de piano e guitarra na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF

foto-cartelO próximo martes 22 de marzo ás 20:30h. na Aula de cultura Ponte de Rosas, en Gondomar, sede do Instituto de Estudos Miñoranos haberá un concerto de piano e guitarra clásica a cargo dos profesores do IES "Escolas Proval" de Nigrán,  Paula Carrera (piano) e Fernando Blanco (guitarra) que interpretaran o seguinte programa:

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL