Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

A Deputación de Pontevedra abre convocatoria para 28 bolsas de práctica laboral en oficinas de turismo #Emprego

Correo-e Imprimir PDF

ofi turismo baiona-As Oficinas de Turismo de Baiona e Nigrán acollerán un bolseiro durante 6 meses. As bolsas destinadas a Gondomar e Oia serán terán unha duración de 3 meses.
-Os bolseiros seleccionados contarán cunha remuneración mensual de 800 ou 700 euros segundo a súa titulación e suxeitas "ás retencións que procedan" .

#Emprego: A Deputación convoca 25 bolsas de práctica laboral para persoas con discapacidade

Correo-e Imprimir PDF

pontevedradiputacion 430-Irán destinadas a titulados universitarios ou de Formación Profesional sen experiencia na titulación para a cal se formaron
Segundo o anunciado este luns pola Deputación de Pontevedra, poderán beneficiarse destas bolsas de práctica laboral as persoas cunha discapacidade igual ou superior ó 33%, con titulación universitaria ou de Formación Profesional e que rematasen os estudos obxecto da bolsa con posterioridade ó 1 de xaneiro do ano 2000. Así mesmo, requírese que non teñan experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos para a cal se formaron e na que van realizar as prácticas laborais.

Sábado: Acto público do BNG en Gondomar sobre “o negocio das eléctricas”.

Correo-e Imprimir PDF

Carme Adán (deputada do Parlamento) e Manuela Rodríguez Pumar (responsábel de Acción Municipal do Bng Gondomar) levarán adiante un coloquio sobre "O negocio das eléctricas" no Centro Neural de Gondomar, este sábado 22 de febreiro ás 20 horas.

O CIM de Gondomar organiza un curso de Dinamización da empresa a través de internet e as redes sociais

Correo-e Imprimir PDF

-A acción formativa está dirixida, preferentemente, a 15 mulleres de Gondomar
- As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición no CIM do municipio ata o próximo 5 de marzo

EQUO reclama á UE unha lexislación vinculante que recoñeza a auga como dereito

Correo-e Imprimir PDF

Foto EQUO - Comisión EuropeaTras a presentación onte na Comisión Europea e o Parlamento Europeo da Iniciativa Cidadá Europea (ICE) polo dereito ao auga como ben público, a chamada "Right2Water”, EQUO reclamou ás institucións europeas que teñan en conta esta proposta e poñan en marcha unha lexislación vinculante sobre este asunto.

Gondomar: Inicio de inscricións para un curso de mecanografía

Correo-e Imprimir PDF

Os interesados en participar poderán inscribirse desde o día 11 ata o vindeiro 27 de febreiro
A OMIX do Concello de Gondomar organiza un curso de mecanografía no que os participantes aprenderán as claves para acadar a soltura e seguridade que lles permitirán mellorar notablemente a súa velocidade de escritura. O curso terá lugar do 3 ao 21 de marzo en horario de 16:30 a 18:30 horas, na Aula de Informática do Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Gondomar.

Novo subidón do 18% na parte fixa do recibo da luz

Correo-e Imprimir PDF

Ministro de IndustriaA nova suba supón xa un 92% sobre o prezo que tiña fixado o pasado mes de agosto.

O termo de potencia do Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor (PVPC), antiga Tarifa de Último Recurso (TUR), que regula en parte o Goberno, sobe un 18%, até os 42,04 euros por quilowatt (kW), segundo publica este sábado o Boletín Oficial do Estado (BOE).

A orde da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, establece unha revisión do custo de produción de enerxía eléctrica que deriva nunha subida do 18% do termo de potencia, a parte do recibo que non fora modificada desde agosto de 2013, cando se aprobou unha subida gerenalizada da TUR do 1,2% tras a aplicación de novas medidas da reforma enerxética.

A formación “en liña” permite ampliar as habilidades laborais a 75 veciños de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

formacion-en-linha-Os cursos xestionados pola Concellaría de Igualdade remataron o pasado martes coa entrega dos diplomas acreditativos aos participantes.

OVALMI presenta ao Concello de Nigrán as queixas dos comerciantes pola suba da taxa do lixo.

Correo-e Imprimir PDF

A Asociación de Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) informa que "ante as queixas dos comerciantes" polas subas ata nun 80% do recibos pola recollida do lixo, mantivo unha reunión este luns co alcalde de Nigrán, Alberto Valverde. Tras a mesma, OVALMI emitiu un comunicado público no que recomenda a todos os comerciantes a concorrer ás oficinas do Concello ca fin de comprobar os datos de cada comercio cos do novo padrón municipal.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL