Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Malestar dos comerciantes de Nigrán tras recibir até un 80% de aumento na factura do lixo.

Malestar dos comerciantes de Nigrán tras recibir até un 80% de aumento na factura do lixo.

Correo-e Imprimir PDF
recibo rsu nigran 2013

A máis dun hosteleiro caironselle os pratos cando viu o montante da taxa pola recollida do lixo emitida nestes días dende o Concello de Nigrán.  A administración local efectuou unha actualización dos importes que nalgúns casos incrementou os recibos nun 80% co respecto ao 2013. Pequenos locais que non chegaban a pagar 250€ recibiron facturas de ata 400€, segundo denunciou o PSOE na tarde deste martes. O alcalde Alberto Valverde (PP) deféndese e afirma que non alterou o valor da taxa senón que o Concello fixo unha actualización do padrón municipal e das medidas dos locais. Afirmación esta que desmenten desde filas socialistas pois aseguran que non tivo lugar ningún tipo de inspección. O rexedor anuncia unha convocatoria para aclarar o tema cos empresarios e revisar cada caso para contrastar se as variacións son axeitadas á realidade de cada local . Agrega que esta modificación non afecta ás vivendas unifamiliares, ainda que esta afirmación ven con trampa xa que este ano si que se verán afectados cunha suba do 3% dado que o pago é a ano vencido. A conxelación dos impostos non será efectiva até 2015.

 Hostaleiros de Panxón con recibos incrementados até un 80% con respecto ao 2013.

Algúns pagaron máis de 800€ pola recollida do lixo, informou o edil Juan González (PSOE), cunha media “dun 80% de aumento con respecto ao 2013”. Para o socialista trátase dunha manobra “encuberta” do goberno popular para recadar fondos e pagar débedas dos gastos sen consignación orzamentaria que levou adiante no 2013. Exemplifica coa proposta de modificación de crédito por 116.000€ presentada polo PP no pasado pleno, na súa maioría para a Concellaría de Vías e Obras “que dilapida cartos e orzamentos  sen control de ningún tipo”, sinala González.

Os socialistas instan aos empresarios a que presenten “de xeito inmediato” no Rexistro Municipal unha petición para revisar o presunto novo censo dos inmobles que cualifica de “atraco a mano armada”. Feito que xa fixo o PSOE  pola súa conta na mañá do martes.

O alcalde convoca aos empresarios para aclarar cada situación.

Tras aclarar que a taxa de recollida do lixo non foi variada dende o 2012, cando incrementouse nun 3%, o rexedor Alberto Valverde fixo un chamamento aos empresarios afectados a que se comuniquen coa administración para revisar o novo censo. A tal fin  pon a disposición dos interesados o teléfono 986383930, o correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo  e a páxina oficial do Concello de Nigrán en Facebook.

O rexedor afirmou que o novo padrón é mais equitativo pois actualiza ao anterior coas posibles modificacións sufridas polos inmobles nos últimos 20 anos. Agrega que foron incluídos moitos locais que non figuraban e polo tanto non tributaban ao Concello. Por outra banda, recoñeceu que as clasificacións por tipo de comercio que dende hai anos inciden no valor da taxa pode que sexa tempo de modificar e por iso quere dialogar cos hostaleiros e comerciantes da zona, asegurou; unha medida criticada por realizarse posteriormente a aplicación do cargo das taxas como ocorreu co imposto de entrada dos carruaxes (VADOS)