Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O recibo do lixo en Nigrán ainda podería incrementarse coa suba que pretende SOGAMA

O recibo do lixo en Nigrán ainda podería incrementarse coa suba que pretende SOGAMA

Correo-e Imprimir PDF
A suba do importe do lixo senta gran malestar nos comerciantes.

Os comerciantes de Nigrán anuncian a presentación de reclamacións ante o que consideran un aumento desproporcionado e non anunciado da taxa de recollida do lixo.

A suba do recibo ainda podería incrementarse se segue adiante a pretensión de SOGAMA de incremantar o recibo entre 6 e 12 euros anuais. O presidente advertiu que a empresa non é viable se os cidadás non pagan máis.

Pola súa banda, o alcalde Alberto Valverde (PP), fixo público este xoves os resultados da actualización do padrón realizado por unha empresa privada, que lembra foi necesaria trala entrada en vixencia da ordenanza do lixo de 2013.

Novo censo por mor do cal tiveron lugar as variacións aplicadas polo Concello aos recibos que nalgúns casos chegaron cun 80% de aumento, a pesar que a variación da taxa era só dun 3,5% neste período.

Segundo indica o rexedor nun comunicado, tras revisar superficies e usos dos locais comercias do municipio, en total, emitíronse 11.346 recibos, dos cales 947 corresponden a novas altas produto da revisión do padrón, 1.242 que sufriron “algunha modificación” e 9.157 que foron “emitidas correctamente”. Labor que Valverde defende como necesaria porque as 947 altas implicaban a existencia de locais que non tributaban, 1.242 o facían “incorrectamente, bien porque no estaban dados de alta correctamente o bien por tener mal asignado el epígrafe”. Finalmente sinala que existen 165 baixas con respecto ao padrón de 2012.

O alcalde informa que contactará cuns 151 afectados nos que foi necesario actualizar o “epígrafe” para analizar cada caso de forma individualizada,” y detectar si los hubiese errores que pudieran ser subsanados."

Valverde acusa ao PSOE de non tributar polos metros reais da súa sede local.

O alcalde non perdeu oportunidade de verificar a actualización do recibo do PSOE de Nigrán feito público polo seu portavoz para criticar ás subas. Valverde sinala que o PSOE figuraba no padrón cun local de 50m2 cando logo da actualización a superficie real pasaba a 61 m2. “En caso de que la medición de la superficie sea correcta, el PSOE de Nigrán llevaría tributando menos de lo que por la superficie del local establece la ordenanza en los últimos años”.

 SOGAMA advirte que non é viable se os cidadáns non pagan máis

Os 296 concellos adheridos ao sistema de Sogama pagan á empresa pública un canon que grava cada tonelada de lixo que envían ao complexo de Cerceda. Pero a falta de capacidade desas instalacións, que levan máis de dez anos saturadas, impide dar un tratamento óptimo da terceira parte dos residuos que recibe.

Segundo recolle onte Galicia Confidencial,  o presidente de Sogama cargou hoxe contra os municipios que rexeitan a suba da taxa por tratarlles o lixo. No informativo “Bos días” da Televisión de Galicia Luís Lamas atacaou especialmente ao Concello de Pontevedra, enleado hai anos con Sogama nun longo preito precisamente por esa tarifa.

En resposta aos alcaldes que ameazaron con non facer efectivo o pago se finalmente se consuma a suba do canon, Lamas explicou que, na súa maior parte, trátase de concellos que “xa non pagaban con anterioridade, pero que, con todo, viñeron cobrando aos seus veciños polo servizo prestado”, polo que cabería preguntarse “a onde se destinaron eses cartos”. E como exemplo puxo ao municipio de Pontevedra,

Lamas advertiu que non hai alternativa a suba da taxa do lixo. “Sogama non é sostible nin viable se non aplica esta suba” dixo. Lamas argumenta que isto é debido á caída dos ingresos derivados da venda de electricidade, que provocaron que a entidade deba incrementar a outra vía que a sostén, é dicir, o canon que cobra aos seus clientes, os concellos.

En relación a se a suba cabe ou non repercutila nos veciños, o presidente respondeu que “é unha decisión de cada concello”, ao que engadiu que, en todo caso, “estariamos a falar dun incremento de entre 6 e 12 euros ao ano por inmoble ou, o que é o mesmo, de 1 euro ao mes”.

SOGAMA é unha empresa coparticipada pola Xunta (51%) e Gas Natural Unión Fenosa (49%).

Cada ano, máis de 250.000 toneladas de lixo das 800.000 polas que os municipios abonan esa taxa, que en xaneiro se encarecerá un 34 %, acaban enterradas no vertedoiro controlado de Areosa. Aínda que a planta incrementou a súa eficiencia nos últimos anos, o que propiciou unha rebaixa da proporción dos residuos que van ao vertedoiro respecto dos que son procesados no complexo, o 31 % aínda non teñen un tratamento produtivo.

Esa parte suma 15,7 dos 49,8 millóns que Sogama recadou no 2012 co canon. Esa porcentaxe baixou no ano 2013. Nos seis primeiros meses de 2013 enterrou 90.260 das 444.332 toneladas de refugallos que recibiu, o 20 % do total.

Esta moderación do aínda moi elevado volume de residuos que a empresa pública non trata disparou nos últimos anos a enerxía xerada na termoeléctrica de Cerceda. Entre o 2008 e o 2012, incrementou un 17 % a súa produción de electricidade.

Á Xunta saíanlle os números.

O salto de eficiencia traducíase en maiores ingresos por unha venda de enerxía favorecida polas primas por xeración a partir de fontes renovables. Pero esa estratexia voaron en 2013, coa reforma do sector eléctrico do propio goberno do PP. A mesma conxuntura que leva á Administración a subir o canon, para compensar unha diminución de ingresos por venda de enerxía que cifra en 14 millóns ao ano, obrigaraa a reformular unha ampliación do complexo de Cerceda coa que pretendía gañar capacidade de produción eléctrica.

Coa colaboración de Galicia Confidencial