Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar comezará a cobrar unha taxa pola recollida do lixo a partir do 2º semestre de 2012.

Gondomar comezará a cobrar unha taxa pola recollida do lixo a partir do 2º semestre de 2012.

Correo-e Imprimir PDF
basura-contenedor-np

Gondomar é o único concello de Pontevedra onde ata de agora o servizo de recollida de lixo non se cobra a través dunha taxa. O contrato coa empresa concesionaria é pagado na súa totalidade dende as arcas públicas. Nembargante iso vai cambiar por mor do plan de axuste das contas municipais aprobado polo goberno bipartito (PP-CDL) no pleno desta mañá. Consultado o alcalde Fernando Guitián, informou que posiblemente a taxa entre en vigor no segundo semestre deste ano.

 

Na actualidade o Concello de Gondomar mantén o servizo da recollida de lixo a través dunha empresa privada cuxo contrato de concesión está vencido. O rexedor Guitián manifestou que ao concello úrxelle a convocatoria dun novo concurso aos efectos de regularizar a situación. Nese senso, mantén contactos coa Deputación de Pontevedra que está a coordinar unha contratación conxunta que cubra as necesidades de varios municipios a un custe máis baixo que facéndollos de xeito individual.

Guitián informou que a Deputación comprometeuse a ter un estudo de viabilidade e custes para mediados de xuño, co obxectivo de ter o servizo en funcionamento a finais de 2012. Nembargante o rexedor non descartou unha contratación por conta do concello a través dunha convocatoria. O alcalde afirmou que o Concello estudará o tema tanto para decidir o tipo de contrato que asumirá así como o importe que deberán pagar os veciños polo servizo.

Guitián adiantou que independentemente do camiño polo que se chegue á nova concesión, a administración local non trasladará a totalidade do custe á nova taxa que pagarán os veciños.